Os vindeiros 19 e 20 de maio, o alumnado de 4º da ESO B e C participará na actividade "Itinerario da Memoria histórica de Lalín", percorrido memorialista organizado e coordinado pola profesora Alba Payo, quen describe o obxectivo da actividade da seguinte maneira:
"Os ecos do pasado non só están nos libros de
texto. Se apartamos a vista do móbil, descubriremos o devir da historia moi
preto de cada un de nós. Atrás queda a Guerra Civil e unha Ditadura da que non
queremos dar conta, en demasiadas ocasións, por incómoda. Mais a historia está
aí para molestarnos, advertirnos e ensinarnos.
Nesta viaxe imos espertar a memoria de Lalín a través
do nomenclátor das rúas, a simboloxía falanxista e os cambios funcionais de
certos edificios con fortes connotacións históricas ou o seu derrubamento
especulativo. Este itinerario pretende evitar a desmemoria do
próximo e ser unha homenaxe ás vítimas da Guerra Civil e da Ditadura".
A seguir o rueiro memorialista:
E ao abeiro do Itinerario memorialista lembramos a activade O home do saco desenvolvida a raíz da lectura de Erros e tánatos de Gonzalo Navaza, que nos mostra “Unha viaxe por Lalín a través do tempo”
Ningún comentario:
Publicar un comentario