22 novembro, 2021

Sebas Anxo e "A fascinante historia do cadro sen fin"

Moito nos comprace o éxito profesional daquelas persoas coas que compartimos anos de traballo, caso do compañeiro  Sebas Anxo, que o pasado venres, 12, inaugurou a exposición A fascinante historia do cadro sen fin na galería Metro de Santiago, que poderemos ver ata o 16 de xaneiro. 

 A seguir unhas instantáneas da exposición:





Moitos parabéns Sebas

17 novembro, 2021

Darío Xohán Cabana: In memóriam


Vén de se coñecer a mala nova do pasamento de Darío Xohán Cabana, persoa coa que mantivemos unha estreita relación arredor da súa novela Galván en Saor.


Darío Xohán Cabana CC-BY AEL

Lembramos a última vez que estivo connosco, á altura de 2012 no marco dos Encontros con, así como a Marela dedicada a Galván en Saor.

Case transcorreu unha década desde aquel 7 de febreiro de 2012


Encontro con Xosé Paio

O traballo desde as bibliotecas escolares non ten sentido sen o alumnado, destinatario das actividades. Pero o mellor é cando eles mesmos son os creadores dos contidos, por iso quixemos que Payo, xa xubilado, estivese connosco e lles ensinase aos rapaces e rapazas de Debuxo artístico o que levan facendo os seus compañeiros e as súas compañeiras desde hai anos, e como a biblioteca pode ser unha boa lanzadeira para o seu futuro profesional como deseñadores, creativos ou artistas.

Payo retirouse, e agora desfrutamos da súa presenza e sabedoría.




11 novembro, 2021

Bicentenario de Fiódor M. Dostoievski

Tal día coma hoxe, hai 200 anos, nacía Fiódor M. Dostoievski, un dos máis grandes novelistas rusos e, por extensión, un dos narradores máis representativos do século XIX en Europa.

Retrato realizado por Vasily Perov, 1872

Crime e castigo (1866), a medio camiño entre a novela e o ensaio filosófico, é a súa obra máis coñecida, nela “a través do seu protagonista, Raskólnikov, o lector ten acceso a unha personalidade obsesiva, atormentada polo remordemento provocado polo asasinato dunha vella prestamista. Terrible e fascinante pregunta sobre o ben e o mal, sobre os límites da liberdade do individuo” (Aquí, Editorial Galaxia) 




 

Mais este non foi o único éxito editorial do autor de San Petersburgo: Recordos da casa dos mortos, Diario dun escritor ou Os irmáns Karamazov son algunhas das xoias literarias que nos legou.