[Robótica, poética, subversión]
de Ryan Pagelow en Buni.
07 setembro, 2018
30 agosto, 2018
XXXI congreso de ENCIGA
Tocounos a responsabilidade e a honra de acoller o XXXI congreso de ENCIGA.
O cartel, elaborado polo noso compañeiro Sebas Anxo, é unha boa presentación.
O fondo do cartel son páxinas pertencentes aos manuscritos de Don Ramón Aller, doados ao instituto por Vitorino Gutiérrez.
23 xullo, 2018
60 anos da NASA con Debussy
Co gallo da celebración do seu 60º aniversario, a NASA, asociouse coa National Symphony Orchestral para presentar o concerto "NSO Pops: Space, the Next Frontier". Imaxes da NASA ilustran a música. Entre elas, o "Clair de Lune" ("Luar") de Claude Debussy. O vídeo é obra de Ernie Wright, visualizador de ciencia da NASA.
This visualization attempts to capture the mood of Claude Debussy's best-known composition, Clair de Lune, along with visuals of the moon captured by NASA's Lunar Reconnaissance Orbiter.
Credits: NASA/LRO/Ernie Wright
05 xuño, 2018
01 xuño, 2018
Acto de entrega do quinto premio literario Mª Vitoria Taboada: as imaxes
A biblioteca do instituto acolleu o acto, emotivo, de entrega de premios do V Concurso Literario Mª Vitoria Taboda que tivo como mestres de cerimonia a Noelia Granja e a Diego Portas, e no que puidemos desfrutar de música e literatura:
Na parte musical contamos coas actuacións de:
María Docasar, Helena Santalla, Claudia Gómez e Jimena Calvo, formando cuarteto ou dueto; do Cuarteto Musical integrado por Carmen Fuentes, Andrea Ramos, Diego Portas e Verónica Peña; e de Diego Xesús Rodríguez, como solista.
Na parte literaria contamos coa lectura de fragmentos dos textos premiados a cargo das súas autoras e do seu autor: Alba Lugo Rey, Sara Granja Sanmartín, Roberto Agra Buján, Cristina Guerra Vila (representada pola profesora Gracia Santórum), Noa García Díaz e Aroa Espiño González.
A seguir unha breve reportaxe gráfica do evento:

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)