de Will Tirando
22 agosto, 2024
17 agosto, 2024
Literiatura [200] : Anèsia de Will Tirando (1) (8)
02 agosto, 2024
Coa nosa xente : Javier Penido Ferreiro
Co gallo da Banda Municipal de Música de Caldas de Reis ser galardoada na Sección Segunda do Certame Internacional de Bandas de Música Ciutat de València, sen dúbida ningunha un dos certames de referencia a nivel mundial, dámoslle a benvida á sección Coa nosa xente ao seu director Javier Penido Ferreiro, quen, verbo do premio, declarou a Nós Diario: “todo o traballo realizado pagou a pena por como fixo medrar á Banda e ás persoas que tocan nela".

Javier Penido en plena dirección / NOSDIARIO.GAL
Moitos parabéns, Javier, para ti como director e xaora para a Banda.
A seguir o noso Javier cando o 2º do Bacharelato:

Javier no curso de 2º Bac.2011-12. Copyright IES Aller
Ulloa
19 xullo, 2024
Victorino Gutiérrez Aller : In memóriam
![]() |
| Foto : Laiovento (de Nós Diario) |
Victorino Gutiérrez Aller "Coco" foi unha desas persoas a quen o noso centro nunca esquecerá pola seu desprendido bo facer. Sempre que requeriamos da súa presenza, acudía con celeridade, seducíndonos co seu saber sobre a vida de seu tío don Ramón ou sobre temas de sociolingüística relacionados co ámbito xurídico.
A súa xenerosidade para co noso centro tivo un fermoso colofón, "o máis fermoso agasallo" como titulamos no seu momento a doazón de manuscritos de don Ramón. Daquela na Marela publicamos:
Pensabamos que tiñamos algúns libros valiosos, pero agora temos... que temos? Como lle chamamos? Un tesouro? Como o imos administrar? Só somos unha Biblioteca Escolar! Estaremos á altura? A reflexión ten que ser máis longa e así o faremos. Mentres tanto, moitas graciñas, graciñas de corazón, Victorino!
O seu pouso permanecerá connosco.
Por parte, os medios fíxeronse eco do seu pasamento como non podía ser doutra maneira, dada a súa categoría e compromiso de quen foi o autor do primeiro formulario notarial en galego; por caso, Nós Diario, La Voz de Galicia ou Faro de Vigo.
E como non as redes socias, caso de Facebook.
A seguir Mostras do Primeiro caderno-rexistro de observacións 31-10-1924 / 23-9-1926 doado por Victorino Gutiérrez Aller ao centro:
02 xullo, 2024
Coa nosa xente : Andrea Ramos Diéguez
![]() |
| Andrea Ramos Diéguez posa cun dos seus clarinetes / Faro de Vigo (cedida) |
Moitos parabéns, Andrea, e que o éxito te acompañe.
A seguir a nosa Andrea cando o 2º do Bacharelato:
![]() | |
|




