18 febreiro, 2009

Charla de Victorino Gutiérrez Aller sobre "Os perfís humanos de Don Ramón Aller"


-->Este venres, 20 de febreiro, Victorino Gutiérrez Aller impartirá unha charla sobre Os perfís humanos de Don Ramón Aller. Será na Biblioteca do Instituto, ás oito da tarde.

O acto enmárcase, dentro deste Ano Internacional da Astronomía, na serie de actividades orientadas á promoción da figura do sabio lalinense. Neste sentido, a disertación de Victorino Gutiérrez complementa a impartida, o xoves pasado, polo profesor Docobo, director do Observatorio Astronómica “Ramón Mª Aller Ulloa” sobre a dimensión científica do noso astrónomo.


Victorino Gutiérrez aproximaranos aos aspectos máis cotiáns da vida do pai da astronomía galega: o seu contorno familiar, as súas relacións coa veciñanza de Lalín ou coas grandes figuras do galeguismo, a súa habilidade para fabricar manualmente todo tipo de artefactos ou o seu empeño por lograr unha estrutura escolar na súa vila...


2 comentarios:

Unknown dixo...

Parabéns polo blog e polo traballo continuado.Souben do blog buscando cousas de astronomia no google. Tedes unha referencia en paparevivir.
Mañán estarei na conferencia.

Anónimo dixo...

Graciñas, Nico. Ben sabemos de paparevivir, que non só de estrelas vive o home (nin as marelas)