2009 será o Ano Internacional da Astronomía.
Entre que xa temos a Copérnico localizado e que os problemas terráqueos de abastecemento de auga vanse arranxar cunha simple billa e un cano, os do Aller Ulloa andamos pensando en sacar de paseo ao noso don Ramón para falar devagar con el do seu tempo, da súa vida e do seu talento. E da lúa, porque se hai que reclamar, se reclama...
Isto é un anuncio, pero tamén unha invitación: se tendes noticia dalgunha curiosidad de ou sobre don Ramón, pregámosvos que nola fagades chegar.
1 comentario:
Quen lle fixese este retrato a Copernico debe ser un xeocéntrico de moito nabizo. Vaia, que non creo que fose Galileo...!
Publicar un comentario