10 xuño, 2009

Unha recomendación: "Profundidade de campo" de Yolanda Castaño

Este XV Premio de Poesía Espiral Maior fai xustiza ao que un espera atoparse cando lle din que vai ler un libro premiado.

A última obra de Yola
nda Castaño é un excelente poemario, razón de sobra para ser recomendado, pero pode ser tamén un utilísimo texto para traballar a poesía na clase, razón de máis para ser recomendado aquí. O que fai Yolanda Castaño é poetizar a angustia e o enfado dunha muller a quen o seu corpo, aínda hoxe en día, lle supón un impedimento para poder ser valorada como algo máis que un obxecto ("Cando deixo de ser flor,/molesto.") Pero a reflexión afonda tamén nos estereotipos psicolóxicos da nosa sociedade ("¿se son guapa terei / menos posibilidades de estar sóa?"), e se expresa nunha linguaxe directa e, en moitos momentos, dunha gran profundidade, como ocorre no diálogo central que a voz poética establece con Pinoccio, onde o físico, o exterior, preséntase como unha forza determinista coa que é preciso establecer unha loita sen cuartel para acadar a propia identidade.

Ningún comentario: