16 decembro, 2009

Máis TrICpalladas…: "Guía de uso da biblioteca"

-->
Esta foto de Manuel Balea leva acompañándonos varios cursos. É unha declaración de intencións.

Así e todo, debo aceptar que, no fondo, ese obxecto de brillo metálico que altera a paz dos libros prodúceme algo de desasosego. Que lle queredes? Aínda que son varios os compañeiros que me van medicando a tecnofobia, estou resignado a que nunca a vencerei completamente.

Como comentou Carlos na anterior entrada, parece que a páxina web vai por riba. Balea púxose ao mando e ándanos aprendendo e chuzando para que subamos (subir?! Manda truco na Habana! Pero subir a onde, oh!) cousas. O caso é que por causa diso, aquí me tedes “subindo”, e despois de tanto tempo alindando as marelas, e afalándolles, e afincándolle, e tornando delas (estes si que son verbos de xente!), ben o vistes “subinas”.

Pois agora tamén ando tratando de “subir” unha unidade didáctica de formación documental e, malia non o lograr de todo (seica teño “arquivos corruptos”, que xa era o que me faltaba!), algo conseguín.

Non sei se andades por aí (non sei se “arriba” ou “abaixo”... co ben que se está “á beira”!) algún ou algunha dos que me tedes pedido a “Guía de uso da biblioteca” ou a unidadiña didáctica “O título que buscas”, pero se estades, premede e baixarán:  


Ningún comentario: