21 outubro, 2014

Martin Gardner, o produto de dous números primos consecutivos 31 e 37

Hoxe -21 de outubro- celébrase o centenario de Martin Gardner (1914-2010) . Non era matemático, pero foi un dos grandes divulgadores da ciencia e especialmente das matemáticas.

Gardner naceu un día 21 e morreu un día 22, viviu polo tanto un número exacto de meses. Concretamente 1147. Este número é o produto de dous primos consecutivos 31 e 37. Pero non é un par calquera; é o maior par de números consecutivos que podía darse pois esperar ao seguinte par tería que vivir até os 126 anos e até agora ningún ser humano chegou a esa idade. (Agustín Morales -trad.-, aquí)


martin-gardner.org
Máis alá do cálculo estou perdido… Levábame tanto tempo entender aquilo sobre o que escribía que tiven que aprender como escribilo para que a maioría dos lectores o entendesen. Se tivese sido mellor matemático non o podería facer.

Na biblioteca:

  • La ciencia: Lo bueno, lo malo y lo falso (1988). Alianza. Madrid
  • Damas, parábolas y más mistificaciones matemáticas. 2, Las últimas recreaciones (2002). Gedisa. Barcelona
  • Huevos, nudos y otras mistificaciones matemáticas (2002). Gedisa. Barcelona
  • Los mágicos números del doctor Matrix (2000). Gedisa. Barcelona
  • Matemática para divertirse ([1998]).. Juan Granica. Buenos Aires
  • Ruedas, vida y otras diversiones matemáticas (1988). Labor. Barcelona
  • Rosquillas anudadas y otras amenidades matemáticas (1987). Labor. Barcelona
  • Paradoja del comediante y otros ensayos.(1990). Mondadori. Madrid

Na rede:


Monográfico de Investigación y Ciencia con enlaces aos seus mellores artigos. 
ALEGRÍA, Pedro & FERNÁNDEZ, Santiago: "Martin Gardner, el mago de la divulgación". La Gaceta de la RSME, Vol. 13 (2010), Núm. 4, Págs. 671–704. [Pequena biografía publicada con motivo da súa morte, que recolle anécdotas e toda a súa bibliografía] [descarga en PDF]

Iremos actualizando...

Ningún comentario: