O humor que destila non lle resta rigor ao tratamento, nin eficacia á denuncia.
Está publicado pola Asociación Científica Horreum en colaboración co Grupo de Investigación 1934 – Territorio e Biodiversidade do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da USC, e co Observatorio Galego do Territorio.
Pódese baixar en PDF.
Velaquí, un parágrafo do prólogo:
En Galicia a escasa protección que se outorga ás paisaxes excepcionais, cotiás ou degradadas, e a escasa participación nos procesos de identificación e cualificación das paisaxes, propiciou distintos movementos sociais na súa defensa. A eles debémoslles a cuñaxe de novos termos e conceptos, como a "eucaliptización", o "ladrillazo", ou o "feísmo". Co termo feísmo trátase de aglutinar un conxunto heteroxéneo de actuacións efectuadas polo ser humano sobre a paisaxe, froito da introdución de elementos alleos ou construcións distorsionantes que afastan un escenario ou un tipo concreto de paisaxe do seu estatus de "excepcional" ou "cotián". A percepción resulta aquí, como na propia definición que o Convenio de Florencia acuña sobre a paisaxe, o elemento clave. Non exento de subxectividade, pero tamén non exento de criterios ou concepcións aceptadas pola maior parte da cidadanía.Foi sabérmolo grazas a Galicia confidencial e querermos compartilo convosco. Tamén vimos a nova no xornal da USC.
Ningún comentario:
Publicar un comentario