Coa nosa xente
Sempre nos aquela ver o progreso profesional do que foi alumnado de noso.
Vídeo da Cantiga da montaña de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre en lingua de signos con dirección, produción e montaxe de Adela Otero.
28 febreiro, 2020
XII Olimpíada do Saber: Clasificación semanal
No ecuador da competición observamos unha pequena vantaxe de Smud con respecto a Monomio e BMBN. Agardamos unha última semana de competición moi axustada. A ver...
26 febreiro, 2020
24 febreiro, 2020
Día de Rosalía
Celebramos o Día de Rosalía lembrando, unha vez máis, o "Nós cantar cantamos", escolla poética de trinta e seis poemas de trinta e seis mulleres, ilustrados no seu momento por alumnado de Artes de 2º de Bacharelato, como ramo ao ano de Rosalía (2013).
Unha recomendación: a lectura do artigo "Tres Rosalías" de Pepe Barro en Nós Diario.
22 febreiro, 2020
Encontro co Entroido Ribeirao e con David Vázquez. Gañadoras do Concurso de carautas
O xoves 20, tivo lugar no instituto un Encontro co Entroido Ribeirao (un dos mellor conservados de Galicia) que engaiolou totalmente o alumnado.
Así mesmo, tamén tivo lugar un Encontro co director e etnógrafo David Vázquez quen nos proxectou as arquipremiadas curtametraxes As almas de Fental e O Moredo de David Vázquez, curtas que non deixaron indiferentes a ninguén ao ver a traumática perda demográfica do mundo rural (a aldea baleira) que leva consigo a liquidación da cultura rural, así como a recuperación do Entroido Ribeirao.
Ambas as actividades complementares foron seguidas dun máis que interesante coloquio. A seguir unha mostra gráfica do Encontro co Entroido Ribeirao e co director e etnógrafo David Vázquez.
Asemade, no marco dos Encontros, déronse a coñecer as alumnas premiadas no Concurso de deseño de Carautas de Entroido, organizado polo Departamento de Deseño:
Arriba, as tres gañadoras Niyireth Tatiana Bohórquez Valencia (gañadora no 1º ciclo de ESO), Alicia Fernández García (gañadora do 2º ciclo de ESO) e Iria Donsión Fernández (gañadora no nivel de Bacharelato).
Como podemos ver a continuación, os premios fórenlles entregados por un Maragato e un Volante do Entroido Ribeirao:
21 febreiro, 2020
17 febreiro, 2020
Concurso de carautas: Entroido 2020
Seguindo coa celebración do Entroido, animámosvos a participar na elección dos mellores deseños de carautas de Entroido e para iso tedes que votar online a través da web do centro.
A seguir unha reportaxe gráfica da exposición das carautas do concurso, con fondos documentais da Biblioteca sobre o Entroido, así como de fotos do Entroido Ribeirao, que o próximo día 20 vai estar connosco:
A seguir unha reportaxe gráfica da exposición das carautas do concurso, con fondos documentais da Biblioteca sobre o Entroido, así como de fotos do Entroido Ribeirao, que o próximo día 20 vai estar connosco:
XII Olimpíada do saber: Clasificación
Ao cabo da primeira semana de competición observamos unha axustada clasificación, mais cunha pequena vantaxe para Smud, equipo este xa con experiencia na Olimpíada do saber; iso si, en aparencia con dous abandonos.
Sen dúbida que a expectación medrará co paso dos días.
Sen dúbida que a expectación medrará co paso dos días.
13 febreiro, 2020
Encontro con... Entroido Ribeirao e David Vázquez
O xoves, 20 de febreiro, achegarémonos ao coñecemento dos entroidos tradicionais galegos, da man de Volantes do Entroido Ribeirao que nos amosarán as peculariedades do mesmo.
Asemade asistiremos á proxección dos documentais As almas do Fental (sobre a problemática demográfica da zona do Entroido Ribeirao) e O Moredo (sobre a tradición deste Entroido chantadino), ambos de David Vázquez.
Podedes consultar as actividades programadas no seguinte tríptico:
Asemade asistiremos á proxección dos documentais As almas do Fental (sobre a problemática demográfica da zona do Entroido Ribeirao) e O Moredo (sobre a tradición deste Entroido chantadino), ambos de David Vázquez.
Podedes consultar as actividades programadas no seguinte tríptico:
10 febreiro, 2020
Lalin's Curse. Manga truco!
En praza.gal batemos coa seguinte información: "Estamos afeitas a que as historias de banda deseñada teñan lugar nas grandes cidades (Nova York, Metrópole, Gotham, Toquio...), semella que alí todo é posíbel e calquera cousa pode pasar. Pero non pensa o mesmo Isabel Terol, de alcume Isakytm, finalista do Webtoon Contest 2018, que escolleu Lalín como escenario do seu webcomic de estilo manga..."O feito non deixa de nos sorprender e, sobre todo, cando a autora recoñece que o IES Aller Ulloa lle serviu de perfecto escenario, malia se queixar de carecer de fotos do seu interior. Aspecto este que estamos dispostos a emendar. Con todo, vemos nunha viñeta do Episodio 12 perfectamente retratada a entrada ao instituto:
O seguinte vídeo móstranos o Episodio 1:
08 febreiro, 2020
XII Olimpíada do saber: os equipos
O luns 10 ponse en marcha a competición da que semanalmente vos informaremos.
Once son os equipos participantes. Ánimo e sobre todo moita deportividade.
06 febreiro, 2020
Encontro con... Héctor Cajaraville
De novo contaremos coa presenza de Héctor Cajaraville para nos falar do seu libro O segredo da casa de Formoso e, en xeral, da súa obra literaria.
Lembrade que tedes á vosa disposición a Guía de lectura d'O segredo da casa de Formoso e que podedes descargala en PDF
A seguir unha pequena mostra fotográfica do Encontro con Héctor Cajaraville:
Lembrade que tedes á vosa disposición a Guía de lectura d'O segredo da casa de Formoso e que podedes descargala en PDF
A seguir unha pequena mostra fotográfica do Encontro con Héctor Cajaraville:
03 febreiro, 2020
Sebas Anxo: o reencontro
Reportaxe gráfica do reencontro de Sebas co alumnado do Bacharelato de Artes, no marco da Exposición-homenaxe a Sebas Anxo:
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
















































