A fin de conmemorar o Día da ilustración (o 30 de xaneiro, data que coincide co nacemento de Castelao), evento que se vén celebrando desde o 2014 a iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Artes, baixo a coordinación da profesora María Armada Rodríguez, agasallounos cunha selección de palabras galegas ilustradas que forman unha perfecta simbiose entre significado e estética visual da palabra elixida. Todo un canto a emotividade das palabras.
Así mesmo lembramos a Lolita Díaz Baliño artista á
que se lle dedica este ano o Día da ilustración.
Para
saber máis sobre o labor artístico da homenaxeada aí vai o vídeo producido por
AGPI en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura:
A seguir o cartel do Día da ilustración 2021, obra de Manel Cráneo:
Na seguinte foto vemos unha panorámica da exposición dos orixinais de 1º e 2º de Bacharelato de Artes, así como unha achega de ilustracións de 1º da ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario