O locus amoenus existe e está en Catasós.
O mércores, 16, retomouse o Itinerario IES Aller Ulloa
/ Fraga de Catasós, desta volta co alumnado de 4º da ESO, andaina promovida
nesta ocasión pola profesora Raquel Honrubia.
Como a primeira andaina, iniciouse esta segunda a primeira hora da mañá,
comezando a marcha desde instituto. E de novo, durante o percorrido houbo as correspondentes paradas nos puntos de interese con
breves explicacións ao alumnado por parte do profesorado acompañante (Raquel
Honrubia, Mar Espinosa, Alba Payo e Luis Guitián).
Unha vez na Fraga, o clímax da natureza en todo o seu
esplendor, gratificante experiencia para os sentidos, alimentada coa presenza dun trebón; e as fotos, desta volta da profesora-reporteira Alba Payo, son testemuña:
Ningún comentario:
Publicar un comentario