Amosando publicacións coa etiqueta Conservación da natureza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conservación da natureza. Amosar todas as publicacións

17 xuño, 2021

Itinerario IES Aller Ulloa - Fraga de Catasós : segunda andaina

O locus amoenus existe e está en Catasós.
O mércores, 16, retomouse o Itinerario IES Aller Ulloa / Fraga de Catasós, desta volta co alumnado de 4º da ESO, andaina promovida nesta ocasión pola profesora Raquel Honrubia.
Como a primeira andaina, iniciouse esta segunda a primeira hora da mañá, comezando a marcha desde instituto. E de novo, durante o percorrido houbo as correspondentes paradas nos puntos de interese con breves explicacións ao alumnado por parte do profesorado acompañante (Raquel Honrubia, Mar Espinosa, Alba Payo e Luis Guitián). 
Unha vez na Fraga, o clímax da natureza en todo o seu esplendor, gratificante experiencia para os sentidos, alimentada coa presenza dun trebón; e as fotos, desta volta da profesora-reporteira Alba Payo, son testemuña:






















 

 

11 xuño, 2021

Itinerario IES Aller Ulloa - Fraga de Catasós : Ao fío de...

O mércores, 9 de xuño, o alumnado de 1º da ESO visitou a Fraga de Catasós, unha actividade organizada polo profesor Luís Guitián, que contou cunha abondosa colaboración. 
 
Sapientia naturae
 
A camiñada iniciouse a primeira hora da mañá, comezando a andaina desde o instituto. Durante o percorrido a comitiva pasou por diferentes parroquias de Lalín e houbo pequenas paradas en puntos de interese con breves explicacións ao alumnado por parte do profesorado acompañante (Fernando Pereira, Ramón Faílde, Luz González, Xulio Taboada, Alba Payo e Luis Guitián) sobre a historia da Igrexa de Lalín de Arriba, a Dorsal Galega, as plantacións de lúpulo, o Pazo de Quintela onde viviu Emilia Pardo Bazán... 
Unha vez na Fraga, houbo un breve repaso das especies autóctonas máis relevantes, que o alumnado tivo que recoñecer para logo realizar o seu herbario anual na materia de Bioloxía.  
Ao fío da andaina á Fraga de Catasós, unha alumna e dous alumnos do grupo D achegárannos as súas impresións sobre a camiñada:
Na actividade de hoxe fomos á Fraga de Catasós. Para ir, fixemos unha ruta a pé ata chegar alí. De cando en vez iamos parando, para que as profesoras e os profesores nos explicasen cousas sobre Bioloxía, como curiosidades sobre algunhas árbores; pero tamén aspectos relativos á Xeografía e á Historia, por exemplo onde pasou moito tempo Emilia Pardo Banzán, mentres estaba a escribir "Los Pazos de Ulloa". Tamén cales eran as montañas que se vían ao fondo, de que século é a igrexa de Lalín de Arriba etc. 
Estar alí foi moi divertido. Pasaron moitas cousas... 
Volvemos ao instituto en autobús, pero non con quen quixésemos. 
María Villamarín
Hoxe fomos á Fraga de Catasós, un lugar moi bonito cheo de árbores autóctonas. Polo camiño fomos facendo distintas paradas en lugares históricos como na Igrexa de Lalín de Arriba na que a profesora de Historia nos contou que alí foi o verdadeiro inicio de Lalín; ou no pazo no que veraneaba Emilia Pardo Bazán, unha escritora galega. E o profesor de Bioloxía explicounos os distintos tipos de árbores que hai na fraga. Gustoume moito ver que o ser humano non poida intervir na natureza ao seu antollo para saber realmente coma é. 
Samuel Fernández
Hoxe fun á Fraga de Catasós, resultou moi divertida esta saída porque foi especialmente diferente, xa que dende o curso pasado non fora a ningunha excursión. O camiño foi longo e acabei un pouco cansado, pero tamén desconectei e estiven entretido coa natureza, e perdín case todas as clases da mañá. Cando volvía estaba a desgusto por ter que marchar, pero foi unha moi boa experiencia. 
Martín Díaz
E como non, unhas fotos para dar fe:
 
En plena camiñada

Nunha das paradas informativas

Con moito ánimo

No Pazo de Quintela


A información nunca sobra

O entusiasmo que non falte

En plena natureza
Hora da parva

Collendo folgos

O poder da Fraga

Vida verde

14 novembro, 2013

Contra a nosa vontade

Fonte foto: CEIDA

Non queriamos ter que redactar esta entrada. Era un desexo que escondía o temor de que comeramos voitre.

Sumámonos á iniciativa de Xaquín e recuperamos o tríptico elaborado en 2008, con ocasión da exposición do CEIDA: Prestige: crónica dun modelo enerxético insostible.

Nel incluímos unha pequena selección de materiais da biblioteca, escollidos pola súa adecuación e diversidade.

Descarga a BD de Marilar Alexandre e Fran Bueno (en PDF), Parando a marea negra, editada polo Consello da Cultura Galega.

Descarga (en PDF) Prestige: Crónica negra dun modelo enerxético insostible. [Oleiros, A Coruña]: CEIDA; [Barcelona]: Fundación Territori i Paisatge, DL 2007.

11 novembro, 2013

Reservas da biosfera


Esta é a última semana na que dispoñemos da exposición do CEIDA, Reservas da biosfera.

Se entendemos as exposicións como un recurso documental máis, debemos contemplalas dentro dos nosos proxectos de formación lectora. Lamentablemente, non todos os centros temos acceso fácil a exposicións de elaboración externa e menos aínda a exposicións informativas ou divulgativas.

Neste sentido, sempre son de agradecer as exposicións itinerantes do CEIDA: non só serven para aproximarnos a contidos específicos, senón tamén a prácticas lectura documental.

Como adoitamos facer, os paneis das Reservas da biosfera van acompañados dunha presentación en PPT, unha pequena exposición vídeo-bibliográfica e un breve cuestionario para o alumnado de 1º e 2º ESO. Este último un triptiquiño do que podedes botar man:

23 maio, 2012