Emma Álvarez Conde, exalumna do IES Ramón María Aller Ulloa, enxeñeira informática pola UVIGO, cun Mestrado en "Deseño de Interfaces e experiencias de usuario", e que na actualidade traballa como consultora tecnolóxica na empresa ACCENTURE vén de dar unha charla ao alumnado de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico do Bacharelato e ao dos Ciclos de Informática SMR2 e DAW1.
Emma explicou a dinámica de traballo e estudo das distintas materias do Grao de Informática, as dificultades coas que se atopan os estudantes do primeiro ano que chegan desde o Bacharelato e tamén as dos que acceden desde os Ciclos de Informática, así como as saídas laborais deste grao, facendo fincapé en que nestes momentos existe unha grande demanda de traballadores con este perfil e con posibilidades laborais moi diversas.
Tamén comentou a súa experiencia ao participar no programa Erasmus e como representante do estudantado na súa etapa universitaria.
Francisco Otero, profesor de Debuxo Técnico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario