26 xuño, 2023

Coa música a outra parte

Lucía nunha fotografía cedida por Benxamín Otero

Outra vez máis queremos dar os PARABÉNS a ese alumnado que nos deixa para seguir co seu futuro académico por outros camiños. Estes tres non dubidaban, tíñano moi claro desde pequenos, e conseguiron o seu obxectivo: xa están encamiñados cara á Música de maneira profesional, ao superar as probas de acceso ao GRAO SUPERIOR DE MÚSICA.

Así, LUCÍA RAMOS DIÉGUEZ, primeira mellor nota en Galicia da súa especialidade, cursará o Grao de Interpretación na especialidade de frauta, no CSM Vigo.

Tamén en Vigo, ROMÁN MEIJOMÍN PROCINO cursará o Grao en Interpretación na especialidade de clarinete e o Grao de Produción e Xestión, no que obtivo a segunda mellor nota de Galicia.

E como non hai dous sen tres, no CSM de Vigo, XOÁN LOIS FERNÁNDEZ acompañará a Román no Grao de Produción e Xestión, xa que acadou a mellor nota de Galicia, e, ademais, cursará tamén o de Interpretación en tuba.

Xoán en fotografía cedida por Servando Lois Silva.


Román nunha fotografía cedida por Benxamín Otero Otero



1 comentario:

Anónimo dixo...

Felicidades, unha larga carreira de 10 anos que agora continúa no conservatorio superior. Poñamos en valor o esforzo e o traballo destes mozos. Bravo!!