Exposición das ENTREVISTAS A MULLERES, realizadas polo alumnado de 2º ESO.
O traballo forma parte do PROXECTO da Biblioteca "Lalín, o concello das 1.000 vacas" no que o alumnado, coordinado pola profesora Carmen Frade Gómez, fai unha análise, desde unha perspectiva de xénero, da actividade agrícola e gandeira a través das entrevistas a varias mulleres, e algún home, do seu entorno familiar ou local.
Vemos, así, opinións, experiencias, anéctotas... que dan conta da enorme, e imprescindible, evolución da muller no rural.
As entrevistas, polo de agora, poden lerse, completas, no véstibulo do instituto. Nas vindeiras semanas xa as poderemos escoitar en Marela Radio.
Na exposición tamén se destacan algúns comentarios concretos, unhas frases ben curtiñas, pero que din moito. Ao tempo que podemos ver a fotografía que o alumnado fixo á persoa entrevistada e unha pequena selección bibliográfica do fondo da nosa bilioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario