Baixo a coordinación da profesora Natalia Fernández Basterra, o alumnado de Bioloxía de 4º ESO A levou a cabo unha pequena investigación sobre TRASTORNOS DE ORIXE XENÉTICA debidos a alteracións no número de cromosomas.
Procuraron información sobre algunhas monosomías como a síndrome de Turner, sobre trisomías como a síndrome de Down ou a síndrome de Klinefelter. Sobre alteracións nos autosomas como a acondroplasia e o albinismo.
Estudaron tamén alteracións nos xenes ligados ao cromosoma X como a hemofilia e o daltonismo, así como enfermidades xenéticas debidas á herdanza autosómica dominante ou recesiva, como a fenilcetonuria, a fibrose quística, a síndrome de Marfan ou as debidas a mutacións, como a enfermidade de Huntington, entre outras.
Indagaron sobre as técnicas que existen para diagnosticar algúns destes trastornos xenéticos como a biopsia de pilosidades coriónicas, a amniocentese e a punción do cordón umbilical.
Pódense ver no recuncho do Toc-Toc-A-Ciencia, xunto con libros da biblioteca relacionados coa Xenética.
Fotografías de Natalia Fernández Basterra |
Ningún comentario:
Publicar un comentario