Hoxe, 77º aniversario de José Luis García-López (Pareizo-Lalín, 26/03/1948), desexámoslle moitos máis e lembramos que este ano fanse cincuenta desde que comezou a súa andaina con DC Comics.
![]() |
Nº 448 de Action Comics que contén o primeiro crédito JLGL, entintador sobre lápices de Dick Dillin, nunha aventura de The Atom. |
No 448 de Action Comics, José Luís García López iniciaba unha longa carreira na DC que o converte, en opinión moi estendida, no mellor debuxante de superheroes.
"De estilo tremendamente dinámico, bello, armonioso, equilibrado y modernamente clásico, algunos de los principales autores le consideran el mejor dibujante de Superman." (Muelas)
Alén diso, a súa relevancia adquire unha nova dimensión cando a DC lle encarga, en 1982, as súas guías de estilo. Nelas define e precisa as ilustracións oficiais para licenzas de mercadotecnia e publicidade en todo o mundo. Non resulta, pois, esaxerado afirmar que o de Pareizo fixa o modelo de Supermán e outras grandes iconas do século XX.
Pareizo, Buenos Aires
Me convertí en un adicto a la lectura, vicio compulsivo que no he abandonado.
O noso autor naceu no ano 1948 en Pareizo (Goiás, Lalín). A emigración dos seus pais levouno a Buenos Aires cando tiña catro anos. Alí se criou e alí se formou como debuxante: por unha parte, dun xeito autodidacta, emulando grandes creadores e, por outro, estudando na Continental School por correspondencia e, máis tarde, con dezaseis, na Escuela Panamericana de Arte. Ao tempo que -sempre o subliña- se desenvolve como lector infatigábel: iso activa e enriquece a construción dos seus personaxes e a narrativa gráfica do relato.
Na Columba, comezou facendo relatos de tipo histórico ou adaptacións de clásicos da literatura como Cervantes ou Lope de Vega (Alarcón), para chegar a asinar, con H. G. Oesterheld, os primeiros vinte e sete números (1972-1975- Aquí o nº 1) de Roland, el corsario: "Creo que marcó mi verdadero inicio profesional. Fue la primera historieta que me obligó a sujetarme a una disciplina y a diseñar personajes propios, además del gran honor de trabajar con Oesterheld" (Alarcón)
/.../
...yo dije bueno si no consigo trabajo sigo para España, sigo para Europa, ¿qué problema tengo? Me dieron tan solo tres meses de visado. El problema es que después la gente de DC como que me agarró, dicen no, no, se queda, le ayudamos con la residencia, que esto, que lo otro… No, esperen que no estoy decidido" [Higuero]
"Teño polo menos tres libros que considero os meus favoritos por diferentes razóns. Un é Twilight, os outros son Cinder and Ashe e Road to Perdition. O primeiro ten moitos trucos visuais para realzar a historia, que de certo xeito é complexa, mentres que os outros son pura narrativa." (trad.) (TANO, 2013)
ALARCÓN, Walter (2013): Entrevista a José Luis García López.
![]() |
FONTE |
Nova York (A Cociña do Inferno)
A finais de 1974 colle vía cara a Nova York. Aluga un apartamento nun barrio de orixe obreira e ateigado de tensións, talvez o máis coñecido para os amantes do cómic, A Cociña do Inferno, no que (parece incríbel!) non chegou a cruzarse con Matt Murdock. Iso debeuse a que xa atopou traballo nas dúas primeiras portas nas que petou: "Me presenté en Western y salí con un guión, Boris Karloff, creo. En DC, además de conocer a todo el mundo, como ya te dije, también me llevé un Superman de Kurt Swan para entintar. Domínguez me preguntó si quería que me presentara en Marvel, pero me negué. Ya tenía las manos demasiado llenas." (Alarcón)
En contra das motivacións políticas que a miúdo se mencionan, a súa marcha a NY debeuse máis que nada a un afán de exploración:
"...la situación era mala y se veían venir cosas peores pero no fue esa realmente la razón./.../
...yo dije bueno si no consigo trabajo sigo para España, sigo para Europa, ¿qué problema tengo? Me dieron tan solo tres meses de visado. El problema es que después la gente de DC como que me agarró, dicen no, no, se queda, le ayudamos con la residencia, que esto, que lo otro… No, esperen que no estoy decidido" [Higuero]
A súa fidelidade á DC, coa que acabará firmando un contrato de exclusividade, xustifícaa no trato e as relacións humanas que alí trenzou, o que ben nos ilustra sobre a súa escala de valores.
Tras diversos traballos, en 1975 asina a súa primeira serie DC de xeito continuado, Hercules Unbound con Gerry Conway, o seu máis prezado guionista, e participa en Jonah Hex, o cazarrecompensas que lle dá un forte pulo á súa carreira e que sempre ten presente como unha das súas mellores creacións.
Smallville, Gotham City e tantos sitios máis
Malia afirmar que nunca se sentiu especialmente cómodo no xénero superheroico, é, como dixemos, un autor ao que, neste campo, adoito acompañan adxectivos como "lendario" ou "mítico" (aquí tedes unha entrada coas achegas e as portadas para Supermán). Algúns dos seus traballos son auténticos fitos: Superman vs. Wonder Woman (1978) -no que os dous superheroes manteñen posicións antagónicas sobre a bomba atómica (o kryptoniano en defensa da postura oficial do goberno estadounidense, a deusa partidaria da posición humanista e pacifista que defenderon Einstein ou Oppenheimer) ou Batman vs. Hulk (1981), o segundo dos escasos cruces Marvel/DC.
![]() |
Superman vs. Wonder Woman (1978) con Gerry Conway, un dos grandes títulos de García López. |
Xa comentamos que, desde a primeira DC Comics Style Guide, en 1982, é o encargado de fixar a iconografía dos personaxes da editorial.
![]() |
Entre Superman e Batman di preferir traballar con este pola súa complexidade psicolóxica (Higuero) |
En 1984, Atari, a célebre marca de videoxogos, lanza coa DC (as dúas compañías pertencían á Warner) un proxecto de cómics, Atari Force, como elemento promocional. Na segunda tempada incorpórase, como debuxante principal, García Gómez.
Este sería o seu último compromiso cunha serie regular. A partir de aquí realizará traballos varios, portadas e algunhas miniseries, entre elas: Deadmon (1986) con guión de Andrew Helfer, Cinder and Ashe con Gerry Conway, un dos seus traballos preferidos, ou Twilight=Crepúsculo (1990), obra de ciencia ficción, con guión de Howard Chaykin, que tamén cita entre as máis queridas e pola que o nominaron aos premios Eisner:
Unha voltiña por Lalín
O 11 de xullo do 2019 visitou Lalín. As crónicas dinnos que impartiu unha charla no Pazo de Bendoiro e doou un debuxo de Supermán ao Concello.![]() |
SOUTO, Miguel (2015): García López en Liñares. Aquí. |
Dous días máis tarde, o 13, acudiu ao Museo Ramón Aller para participar na presentación de Atila, o cuarto volume da biografía de Castelao en BD de Inacio Vilariño e Iván Suárez.
ALCÁZAR, Fco. Javier (2002): García López, José Luis.
ALCÁZAR, Fco. Javier (2008): José Luis García López.
BANDA DE GALEGOS (2013) : José Luis García-López. [Con abundante material gráfico]
BAYONA, Mariano: La producción de José Luis García López en Superman.
BAYONA, Mariano: La producción de José Luis García López en Superman.
DEMO EDITORIAL (2015): A colección Castelao chega ao seu meridiano.
HIGUERO, Gustavo (2015): Entrevista a José Luis García López.
KOMIC LIBRARÍA (2015): José Luis García López: vida e obra dun grande autor galego.
MUELAS, Román (2024): Especial Batman Day 2024 – Los diez mejores dibujantes de Batman
TANO, Duy (2013): Interview: Jose Luis Garcia-Lopez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario