 |
Iria Fernández González na actualidade / Foto cedida |
Desta volta dámoslle a benvida á sección Coa nosa xente a Iria Fernández González, enxeñeira de
deseño industrial e desenvolvemento de produtos, grao que cursou na Escola Universitaria
de Deseño Industrial de Ferrol, co gallo de ser
a “project manager” da área de innovación de roupa Adidas.
O traballo como responsábel de conceptos para adidas innovación estao a desenvolver desde o 2022, en Herzogenaurach (Nuremberg), na sede central da compañía. Desde o seu posto é a responsábel de proxectos como o equipamento de fútbol para o mundial 2026 ou o “climacool system” (chaleco refrixerante e chaqueta illante) para Kimi Antonelli e George Russell, pilotos de Formula 1 do equipo Mercedes-AMG PETRONAS Formula One Team.
Iria presenta un currículo cheo de logros que teñen a súa orixe como deseñadora de cores e materiais en SEAT S.A. e CUPRA S.A., etapa laboral de 2014 a 2022. Verbo disto, hai que salientar proxectos como o do Seat León (2020), Cupra Formentor (2020), Seat Ibiza/Arona ((2021) ou o Concept car Cupra Raval (2023).
 |
Iria cando dirixiu a organización dun workshop entre CUPRA e adidas a fin de compartir metodoloxías
entre as dúas industrias e inspirar ambos os equipos cos que traballou / Foto cedida.
|
 |
Iria con Kimi Antonelli (Formula 1) o pasado xaneiro de 2025 nun dos test realizados antes de lanzar o produto no Grand Prix de Melbourne / Foto cedida.
|
 |
Iria con Leo Messi o pasado decembro de 2024, durante unha visita deste a Adidas / Foto cedida. |
Moitos parabéns e moito ánimo no teu
bo facer profesional, Iria.
A seguir a nosa Iria cando o 2º do Bacharelato:
 |
Iria no
curso de 2º Bac. 2008-09. Copyright IES Aller Ulloa |
1 comentario:
Carreirón 👏🏼
Publicar un comentario