Grande é a ledicia cando recibimos novas de recoñecementos á nosa xente, ás persoas que compartiron as nosas aulas. Se a presenza é dobre, dobre é a alegría. Se os méritos se sitúan na órbita do ben común -neste caso, a medicina pública- o gozo multiplícase.
Esta semana, a SEPAR distinguiu o Servizo de Neumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) co Diamante con Excelencia, a súa máxima certificación, o que significa o cumprimento dos requisitos máis esixentes en asistencia, docencia e investigación, por parte do CHUS.
E velaí que a foto non moi difundida que atopamos en El correo gallego ábrenos un sorriso dos certos. Luís e Nuria, aí os están: o segundo dos varóns pola esquerda e a primeira pola dereita.
Luís González Taboada é o Director de Atención Hospitalaria da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza. Nuria Rodríguez Núñez é relevante neumóloga no CHUS. El encádrase na primeira promoción do BUP (1975-79), ela na penúltima (1995-99): vinte anos de historias mil e de alegrías, como esta, para compartir.
Parabéns, Nuria. Parabéns, Luís.
(Confiamos en actualizar a entrada cos fotos das fichas de COU ao longo do día)
