Amosando publicacións coa etiqueta Guía de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Guía de lectura. Amosar todas as publicacións

01 maio, 2025

Marela para "Tras do Ceo"


Ao fío de elixiren, no Club de lectura LeACasa, a novela Tras do Ceo de Manuel Rivas, editamos unha nova Guía de lectura, a nº 21, que se corresponde coa Marela nº 34. É un monográfico dedicado á antedita novela, e que integrantes do Club de lectura cualifican de libro recomendábel para unha persoa adulta que sexa quen de entender a idiosincrasia do rural galego e o respecto polos animais, e que partindo dunha trama aparentemente sinxela se vai dirixindo a pasaxes violentas, mesturadas con escuridade, que en ocasións parecen quedar inconclusas e quizais cargadas dun exceso de temática desapiadada e inesperada que non resultan fáciles de ler. Unha crítica da sociedade actual, machista, corrupta, sen ética nin escrúpulos, na que o fío condutor, o gran Dombodán, vai cambiando ao longo da novela, por caso a percepción clásica de xénero que ten das mulleres, sobre todo de súa irmá...


Máis información no Wikirmau.

 

12 maio, 2024

Marela para o Proxecto "Lalín, o concello das mil vacas"


Como ramo ao
Proxecto competencial Lalín, o concello das mil vacas, desenvolvido polo alumnado de 2º da ESO da materia de Libre disposición, polo do Club de lectura ABCD do 1º ciclo da ESO e polo do Club de lectura Tarabelos I de 3º da ESO, so a coordinación de Carmen Frade (ideóloga do Proxecto), Iria Ares, Sylvia Cea e Uxía Nogueira, editamos un novo boletín d’ A Marela Tarabela, o nº 33, monográfico que escolma os tres apartados básicos nos que foi estruturado: entrevistas, memorias dunhas nenas labregas e antoloxía literaria de temática gandeira e agraria, suxestións de lectura
Ao respecto, a coordinación do mesmo cualifica o Proxecto de necesario co obxectivo de reivindicar o papel social, cultural e económico que o campo xogou e xoga na dinamización da economía e das tradicións. Todo un reto para pór en valor o noso pasado etnográfico entroncado co devir presente da actividade gandeira e xaora agraria.

Lembrade que podedes descargala en PDF

11 xuño, 2023

Marela para "A culpa"

Ao fío da escolla por parte do Club de lectura do profesorado da novela A culpa de María Solar, editamos unha nova Guía de lectura, a nº 20, que se corresponde coa Marela nº 32, monográfico dedicado a dita novelae que integrantes do Club de lectura cualifican de blockbuster literario de lectura áxil e consumo fácil, de libro magnético que te mantén intrigada dende o inicio, que sorprende páxina a páxina e cun final de grande impacto e inesperado, que atrapa o lector dende a primeira folla esperando resolver unha trama coa culpa como protagonista principal, unha culpa ao lombo que Marcela só quere traspasar antes de morrer.

 Lembrade que podedes descargala en PDF.

Máis información no Wikirmau.