06 xaneiro, 2024
Portas de Nadal, o libro
24 decembro, 2022
Postais de Nadal 2022
Neste fin do 2022 non podía faltar o Concurso de Postais de Nadal organizado polo Departamento de Artes Plásticas. María Armada, Fran Otero e Mari Ruzo encargáronse de animar o seu alumnado para que deseñase e elaborase cadansúa postal. As obras destes incipientes artistas están expostas no vestíbulo do IES Aller Ulloa e aínda poderedes contemplalas ata mediados de xaneiro, pero desde aquí queremos amosarvos as que acadaron os primeiros postos de cada categoría:
23 decembro, 2022
Nadal de festa
Había ganas de celebración, de festa, de compartir... De non andar con tino de non tocar superficies, de probar doces e bebidas... E de celebrar que imos desfrutar dunhas ben merecidas vacacións. Así que o alumnado do IES Aller Ulloa, organizado por un grupo de profesoras e profesores (con Saleta Fragueiro á cabeza), e coordinado desde as titorías, converteu o vestíbulo do centro nun MERCADO DE NADAL E o patio cuberto (a choiva tamén quixo participar do día festivo) pasou a ser obrador de maquillaxe, pista de tiro de dardos e ata de merengazos.
Profesorado e alumnado misturáronse; traballaron e gozaron das actividades; cociñaron e degustaron pratos típicos das diversas culturas que conforman a nosa comunidade educativa; lanzaron e recibiron merengazos; degustaron o chocalate quente que lles ofreceu a Dirección do centro; e os afortunados ata marcharon para a casa con máis do que levaran:
Manuel Rodríguez foi o gañador do sorteo do xamón; Nerea Vicente fíxose co patinete, e Luís Guitián comprara a rifa que lle deu a cesta de nadal. Pero ademais da sorte, neste día o traballo tamén tivo recompensa, así Sara López recibiu o seu cheque por valor de 50€ como gañadora do mellor deseño para o cartel do concurso literario Vitoria Taboada; e Sálvora Vilariño, Ana Victoria Pérez e Carmen Aira Froiz cadanseu vale por valor de 30€ ao resultar gañadoras coas súas postais de nadal.
E como mostra do que debe ser o RESPECTO polas tradicións e costumes do noso alumnado, proceda de onde proceda, Papá Noel deixouse vestir diante de Rosalía, e uns beléns picasianos escoltaban a árbore de nadal.
20 decembro, 2022
Mercado de nadal no instituto
Seica este XOVES 22 o vestíbulo e patio do IES Aller Ulloa se convertirán nun mercado de nadal. Despois de dous anos sen poder celebrar estas datas festivas, o alumnado do centro poderá gozar de xogos varios, comer un chocolate quentiño, volver á casa coas uñas pintadas ou algunha tatuaxe e ata mercar produtos varios, de segunda man ou manufacturados polos rapaces e rapazas da ESO, Bacharelato e FP Básica.
Precisamente os mozos e mozas do primeiro ano de Formación Profesional Básica foron os encargados de deseñar e elaborar os carteis promocionais deste evento, baixo a coordinación do seu titor Álvaro Pascual. Aquí vos deixamos as mostras do seu bo quefacer:
11 xaneiro, 2022
I Concurso de Microrrelatos de Nadal : O libro
22 decembro, 2021
Gañadores do I Concurso de microrrelatos
Xa temos gañadores do I Concurso de Microrrelatos convocado polo Departamento de Lingua e literatura galega e a biblioteca:
A categoría B (4º de ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos) quedou deserta, polo que se decidiu conceder dous primeiros premios e dous accésits na categoría A (1º - 3º ESO)
1º Premio: Alberte Vilariño López, de 2º de ESO B, con "O segredo mellor gardado" e Sara Mato Blanco, de 3º ESO A, con "Existe a aldea no tempo de nadal?"
Accésits: Diego Reboredo Núñez, de 2º ESO B, con "Brooom!", e Luis José Míguez López, de 3º ESO A, con "As bonitas árbores".
O xurado, formado por alumnado de Bacharelato do noso IES, destacou a calidade literaria destes catro microrrelatos pola súa capacidade de condensación, por manter a intriga ata as últimas palabras do texto e achegar un final sorprendente e por tratar temas sociais de actualidade en relatos ambientados nesta época de nadal.
17 decembro, 2021
Microrrelatos de nadal
Xa están os bolos no forno. O xurado do I Concurso de microrrelatos de nadal está lendo e deliberando. O luns teremos resolución.
16 decembro, 2021
Nadal químico e libros sorpresa
Chegou o Nadal! E o alumnado de 2º da ESO quere felicitarnos estas datas desde a Química. Mirade senón que árbore nos trouxeron ata o taboleiro da biblioteca, con felicitacións en diferentes linguas, usando os símbolos químicos como letras para a súa postal.
E desde o luns poderedes levar libros en préstamo para ler durante as vacacións. Sempre podedes pedir asesoramento, ou consello lector, ao profesorado que anda pola biblioteca, pero se sodes ousados e ousadas na lectura podedes arriscarvos a levar un libro sorpresa, do que só poderedes ver, antes de collelo prestado, a recomendación dalgunha outra lectora ou lector.
21 decembro, 2020
Postais de Nadal. Os premios
Hoxe tivo lugar no recibidor do instituto, tendo como fondo as postais participantes, o acto de entrega de premios ao gañador, Samuel Portas Rocha, e ás tres finalistas do Concurso de Postais de Nadal 2020, Rebeca, Cora e Miriam.
Para a ocasión contamos coa colaboración da compañeira Pilar, que se prestou a entregar os premios realizando desta maneira o seu derradeiro acto institucional como profesional da docencia, pois xubílase o 31 de decembro.
Moitos parabéns ás persoas gañadoras, así como á totalidade de participantes.
A seguir unhas fotos de evento:
![]() |
| Samuel, Rebeca, Cora e Miriam cos seus premios |
![]() |
| Pilar entregándolle o premio ao gañador, Samuel |
![]() |
| Pilar con Rebeca |
![]() |
| Pilar con Cora |
![]() |
| Pilar con Miriam |
18 decembro, 2020
Postais de Nadal: as premiadas
Xa temos postal para a felicitación institucional do Nadal. A elixida representa cun certo toque de humor o momento, así o considerou Samuel Portas Rocha, o seu autor, e así o premiou o xurado do concurso de postais.

Samuel coa súa postal

Así mesmo, o xurado considerou tres accésits para os deseños de Rebeca Ojea de Pinho, Cora Pereira Seda e Miriam Rodríguez Seijas:
![]() |
| Postal de Rebeca |
![]() |
| Postal de Cora |
![]() |
| Postal de Miriam |
.jpg)
.png)







































