24 febreiro, 2008

Últimas novidades na biblioteca: HARRY POTTER e outros...

J. K. Rowling: Harry Potter e as reliquias da morte.

Nesta final e sétima entrega da serie de Harry Potter, J. K. Rowling desvela dunha forma espectacular as respostas ás moitas preguntas que tanto tempo se levan esperando coñecer. Unha narración fascinante, ricamente tecida e cun ritmo trepidante, dunha autora que é mestra do relato, cuxos libros serán lidos, relidos e se han volver a ler.





Amos Oz: Una historia de amor y oscuridad.

As memorias de Amos Oz, último Premio Príncipe de Asturias de las Letras, constitúen unha obra mestra da literatura. Configuradas como unha narración a medio camiño entre a novela e a autobiografía, e situadas con precisión na peculiar e dramática historia recente de Israel, mostran unha imaxinación narrativa excepcional e unha perspectiva sobre a propia existencia e as súas orixes familiares, entre a ironía máis intelixente e a tenrura máis emocionante.



Stuart Kelly: La biblioteca de los libros perdidos.

Unha curiosidade erudita (pero moi entretida): un repaso ás obras que, de non desaparecer, chegarían estar entre o máis salientable da literatura universal.

De Homero a Georges Perec, ducias e ducias de escritores que pensaron, quemaron, perderon, soñaron ou nunca remataron ducias e ducias de obras que nunca puidemos ler. Agora, cando menos, con este libro podémolas imaxinar.

Ningún comentario: