Como anunciabamos o outro día, onte estivo no noso Instituto Don José Ángel Docobo Durántez, director do observatorio "Ramón María Aller", dando unha interesantísima charla para os rapaces de bacharelato.O Sr. Docobo falou da historia da astronomía e, por iso mesmo, da posición que nela ocupa don Ramón Mª Aller Ulloa, para o cal nos mostrou tamén un estupendo documental sobre a súa vida e obra.
Ofrecémosvos aquí unha imaxe da súa visita á pequena exposición sobre don Ramón e a astronomía que temos montada no vestíbulo do Centro, e un fragmento desa conferencia, xusto os minutos onde, a preguntas dun dos asistentes, resumiu a relevancia de don Ramón no ámbito científico.
1 comentario:
Moito me gusta esta entrada, Carlos. A foto e o vídeo recollen ben o que foi o día.
Publicar un comentario