09 maio, 2009

1ºFestival de animación do IES Ramón Mª Aller Ulloa

O que nesta entrada vos presentamos é unha, cremos, orixinal actividade que nos permitiu dar a coñecer entre o alumnado o mundo das curtametraxes. Ensaiada o curso pasado baixo o nome de Curtas IRMAU'08, desta volta a escrupulosidade coa que foi preparada por Seve e Sebas (a música e a plástica unidas paronomasicamente) deu como resultado un precioso libriño no que se explica o seu sentido e obxecto, e no que se poden atopar varias orientacións técnicas e didácticas.



Aínda que aquí mesmo vos deixamos cumprido enlace a ese libriño, para que o poidades consultar e roubar por se vos animades coa experiencia, se tivesemos que precisar o máis salientable deste 1ºFestival de animación do IES Ramón Mª Aller Ulloa é que foi unha oportunidade única para que os rapaces poidesen achegarse, críticamente, ó ámbito da creatividade audiovisual, visionando unha completa mostra de curtas de moi diversa estética e técnica, pero co nexo común da orixinalidade e a calidade artística. Toda unha morea de minutos de imaxe e son que, é ben seguro, a máis dun abriulle as billas da inspiración...

E aquí tendes as ligazóns a case tódalas curtas que formaron parte do noso Festival.

1. Animación 3D
Le foto dello scandalo, Katedra, Bozhestvo, Birthday Boy, Tadeo Jones, Delivery, Sefr Darajeh, Codehunters, Elephants Dreams, Meme le pigeons vont paradis.


2. Animación tradicional/2D

Le jeune fille et les nuages, Bookashkis, Le Corde, La revolution des crabes, The old crocodile, The Danish Poet, Histoire tragique avec fin heureuse, Isabelle au bois dormant, Lapsus, The Pearce Sisters.


3. Técnicas mixtas.

Âme noire, Hasta los huesos, Les oiseaux blancs, les oiseaux noirs, Das Rad, Fast Film, City Paradise, The Misterious Explorations of Jasper Morello, The Tale of How, 1977, Muto.


4. Panorama Galiza.

A Xuagarana, Minotauromaquia, Km. 53, A meiga chuchona, Carne de cañón, O bufón e a infanta, Garto, Leo, historia dun final, O ataque dos kriters asasinos, O pintor de ceos.


5. Pantalla "Cinema Kids".

Top Gum, Hash, Badgered, Piñata, Promesa, Tyger, KJFG nº5, Oktapodi.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Que diferencia de Instituto ao dos meus tempos, se fora así daquela eu non sería agora tan túzaro, mágoa.
Seguide así que veñen curvas.
A selección musical é magnífica.
Gracias