En liña co programa C@nt@s c@nt@s do ano pasado, tócalle este curso á Literatura de Cordel.
Tomamos o título do libro que Anxo Basterra, de Viravolta, rescatou para nós da súa ben nutrida e especializada biblioteca.
Palabras para vender y cantar: Literatura popular en la Castilla de este siglo, de Luis Díaz Viana, é un libro case fundacional no referido á rehabilitación e dignificación da (por tantos) tan deostada “literatura de cordel”.
Para abrirmos boca podemos ir botando unha ollada a dous sitios imprescindibles: á fundación Joaquín Díaz leváronnos Celsiño e Guti, ao Proxecto Ronsel chegamos da man de Pablo Carpintero.
No primeiro atoparedes unha magnifica colección dixitalizada de “aleluias”. Que extraordinario potencial pedagóxico!
No segundo, Alberto Bouzón pon á nosa disposición a súa colección de pregos de cordel. Utilizamos ese triángulo pra o desencanto dos tesouros?
Ningún comentario:
Publicar un comentario