Conclúen hoxe, en Cercio, os actos de homenaxe a Varela Buxán, no centenario do seu nacemento. Cercio é o berce do primeiro poeta lalinense, Nun’Eanes de Cercio, e acolle no seu cemiterio os restos do dramaturgo que impulsou a primeira compañía profesional de teatro galego: A compañía gallega de comedias “Maruja Villanueva”, á que lle correspondeu a honra de estrear “Os vellos non deben de namorarse”, por expreso desexo de Castelao.
De todos os xeitos, dámosvos noticia de dous documentos moi especiais. Trátase de dous filmes en súper 8 producidos por DEZA, CINE POPULAR GALEGO e que agora poden ser vistos en flocos.tv.
O primeiro, Loita, é unha adaptación do Ferreiro de Santán, en cuxo guión colaborou o propio autor. O seu carácter afeccionado e os seus decididos contidos políticos ilustran, alén doutras consideracións, algunhas claves dos esforzos case anónimos da resistencia cultural durante a Transición
O segundo, Tacholas e Varela Buxán é unha peza miscelánea no que podemos atopar fragmentos dun “filme familiar” que testemuña o reencontro destes dous grandes do escena galega na Arxentina por terras dezás. Nunha segunda parte, podemos ver diversas imaxes da homenaxe tributada a Varela Buxán en Cercio, en 1980.
1 comentario:
Vós si que sodes estupendos, con ese pulo que lle deron e dan á nosa cultura as xentes do Deza.
Publicar un comentario