![]() |
| No 2006, nacía PLAMBE e programamos a construción duns expositores de novidades con cartón e cola. Tiñamos unha idea máis convencional, pero ben vedes o resultado: a de Anxo era mellor. |
02 outubro, 2024
Viravolta e a Marela, a bailaren no aro dunha peneira.
22 xullo, 2022
40 aniversario de Viravolta
Empezamos no medio dun deserto e había que inventalo todo de inicio, confésalle Julio Balado, un dos tres integrantes actuais de Viravolta, a La Voz de Galicia.
![]() |
| https://viravoltatiteres.wordpress.com/ |
Que nos achega información sobre o evento: A compañía lalinense de títeres Viravolta cumpre neste ano catro décadas de vida, unha bagaxe importante plagada de fitos e toda unha vida profesional para Anxo García, Julio Balado e Pilar Álvarez. Os tres son a alma de Viravolta, pero como contaba onte Julio Balado «non sempre fomos tres». Inicialmente, explica, «eramos un grupo de teatro» de xente nova pero a xente que estaba con nós facendo teatro marchou a estudar, desapareceu. Quedamos sen actores e as marionetas empezaron a facer de actores. Fixemos as marionetas e naquel momento estabamos nós os tres, Paío e Manuela Buxán. Comezamos os cinco, logo quedamos catro e despois quedamos tres»...
![]() |
| Pilar, Julio e Anxo in https://viravoltatiteres.wordpress.com/espectaculos/ |
![]() |
| Viravolta no II Festival de Titiriteiros Galegos |
![]() |
| Cartel do 15 aniversario de Viravolta |
E mirade este artigo no Praza!
30 xullo, 2021
Rescatando patrimonio. 1990 : I Concurso de Cartas de Recomendación
“José Ramón Paniagua Gutiérrez, alias el Pañi (sic) , y, a la vez, secretario de la Asociación Cultural O Naranxo de Lalín, apareció el pasado martes ante las cámaras de la Televisión de Galicia en el programa Crocante que presenta Alberto Avendaño. El tema no era otro que el Concurso de cartas de recomendación que la citada asociación ha convocado después de que el actual presidente de la Xunta, Manuel Fraga, dijera «que las cartas de recomendación entran dentro de la tradición popular»” (Lalín. Redacción, por M. Garabantes).
Sen dúbida que unha boa maneira de lembrar a activa vida cultural de hai anos é botando man destes vellos documentos que son xa parte da historia local, e que neste caso amosan a vixencia e a tradición das recomendacións. Unha boa escola para a vida.
31 maio, 2021
Cantos de Entroido de Lalín e Romances de cego. Os carteis de cordel
Seguindo o fío da literatura de cordel, alá polo Entroido de 2011 levamos a cabo a dixitalización dos Cantos do Entroido de Lalín (I) que estivo acompañada de Santo Torrisco (creación de Anxo García) e dos Cantos do Entroido de Lalín (II), co fin de recuperar os textos elaborados ou impulsados no seu día pola A.C. “O Naranxo” para correr o Entroido.
Botádelle unha ollada e habedes ver...
Pódese descargar en PDF









