25 febreiro, 2014

Albertina e o lobo

 
Foza, fozando na Rede, demos coa revista Hermano Lobo: semanario de humor dentro de lo que cabe completamente dixitalizada. Vaia alegría! Vaia manancial interminábel de recursos!

Hermano Lobo (11-5-72 / 6-6-76) é, entre outras cousas, unha crónica lúcida do tardofranquismo e os primeiros boubeleos da transición. Visitar as súas páxinas non só pode axudar a reconstruír unha época, senón tamén a comprobar a actualidade de moitos dos seus contidos.

Aberto ao chou un número, quixo a casualidade que nel (6-12-1975) atopásemos unha columna de novidades literarias asinada por Albertina. Aínda nos provocou unha boa risallada! Maior aínda ao comprobarmos que algunha xente dubidaba da parodia! Procuramos máis colaboracións, máis "libros nuevos", pero nos as achamos. Así que transcribimos en entradas anteriores as que había.

Por certo, dentro da mesma iniciativa, tamén podemos ver  Tiempo de historia e Triunfo.


Ningún comentario: