Xa temos gañadores do 1º
Concurso Mª Vitoria Taboada de Poesía, Relato curto e Microrrelato.
Os xurados das tres modalidades a concurso emitiron os seguintes fallos:POESÍA
O xurado
integrado por Carlos Míguez Macho, Mª
Pilar Espiño Espantoso e Ángeles García
Otero acordan por unanimidade outorgar o 1º Premio Mª
Vitoria Taboada de Poesía aos poemas de asinados co pseudónimo de "Moraima" que corresponde a Eva González Blanco: "Pola súa
apaixonada descrición da dor pola perda amorosa a través dunha linguaxe contida
e orixinal, representación en si mesma dos seus últimos versos: Só a poesía é verdadeira / se as palabras
reflicten a complexidade / da alma humana”.
Así mesmo, o
xurado acorda conceder un accésit aos poemas presentados baixo o lema "O coello de Alicia que me
guía" da autoría de Mariña Castro
Fontao: "Polo exquisito control do surrealismo a través dunha linguaxe
precisa expresada en versos curtos e cortantes que simbolizan unha visión
amarga e descarnada da existencia."
RELATO CURTO
O xurado
integrado por Javier López Quintáns, Mª
Carme Vivero González e Servando Lois
Silva acordan por unanimidade outorgar o 1º Premio Mª Vitoria
Taboada de Relato Curto a Unha mente intranquila de María Framiñán Davila: por crear unha historia na que “destaca a
súa brevidade e concisión, o manexo dos tempos e a súa forma epistolar”.
Así mesmo, o xurado acorda conceder
dous accésit:
Un 1º accésit a Pero antes, de quen
era? de Helena Pereiras Villamayor, por elaborar “unha historia ben construída,
sinxela e emotiva, que mantén un ritmo axeitado”
E un 2º accésit a O padriño de Xosé
de Martín Villar Gil, por construír “un
relato ben resolto, cun elemento sorpresa que resulta congruente coa historia”.
MICRORRELATO
O xurado
integrado por: Sebastián Anxo Rozas Álvarez, Xoán
Carlos Vizoso González e Ánxeles Francis Otero acordan por unanimidade outorgar o Premio Mª Vitoria Taboada de
Microrrelatos aos titulados Dous saltóns,
O cocho Manolito e Raro individuo de
cidade asinados por Sonia Framiñán
González: Polo “humor, maxia e
valores como a amizade ou o reencontro coa natureza que están presentes nestes
tres microrrelatos. A sinxeleza da expresión evoca así mesmo as narracións da
tradición literaria infantil e popular.
Para ler os textos premiados preme en Edilingairmau o blog do ENDLG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario