"A actividade central da nosa celebración do 2009, Ano Internacional da Astronomía, foi unha exposición á volta de manuscritos de D. Ramón Aller, cedidos por D. Victorino Gutiérrez Aller, sobriño do sabio. Aquel mesmo curso, D. Vitorino fixo doazón dos documentos ao instituto. Entre eles, encóntranse tanto inéditos, como borradores ou primeiras versións de obras xa coñecidas, ademais de notas e apuntamentos diversos.
Naquel momento expresamos, no blogue A Marela tarabela, a emoción que tal doazón nos produciu: “Pensabamos que tiñamos algúns libros
valiosos, pero agora temos... que temos? Como lle chamamos? Un tesouro? Como o
imos administrar? Só somos unha Biblioteca Escolar! Estaremos á altura? A
reflexión ten que ser máis longa e así o faremos. Mentres tanto, moitas
graciñas, graciñas de corazón, Victorino!” Hoxe renovamos a expresión de
gratitude.
En 2016, mostramos novamente este material, con motivo do
50º cabodano de D. Ramón. A principal diferenza entre as dúas celebracións
radicou en que, nesta última, xa dispoñamos das experiencias de Toc TocA
Ciencia, polo que puidemos presentar un espectro moito máis amplo e variado de
actividades.
A exposición que, co gallo do congreso de ENCIGA e o
centenario da publicación de Algoritmia. Principios fundamentales de la
ciencia de los números, recuperamos no primeiro andar, fai un
percorrido pola actividade científica de D. Ramón a través dos seus textos.
Entre outros manuscritos de don Ramón, forman
parte da exposición os seguintes inéditos:
●
[“Primeiro caderno de
observacións”]: Álbum (13x20 cm.), coas observacións realizadas entre o
7-11-1917 e o 15-6-1923. Son 45 debuxos autógrafos e anotados.
●
Registro del
observatorio astronómico/ Ramón Mª Aller Pbro. . Lalín. Comienza en: 31 de
agosto del año 1924. A.M.D.G. [Manuscrito]. 200+1 p. + 41 debuxos (10x13 cm.) anotados, br. e
n. e cor; 21 cm. Trátase dun caderno no que se recolle a vida do Observatorio
desde o 31 do 8 de 1924 ata o 18 do 9 de 1926.
●
Registro de
observaciones verificadas en Lalín. [Manuscrito]. 200 p. (das que só están utilizadas 52), 21 cm.
Trátase fundamentalmente dun caderno con diversos cálculos matemáticos datados
entre o 31 de agosto de 1924 e o 11 de xaneiro de 1925, asociado ao anterior.
●
Observatorio astronómico
de Lalín: Registro de las observaciones desde el día 24 de septiembre de 1926.[Manuscrito]. [200 p. +
2 caderniños (de 20 p. cada un) + 41 debuxos (10x13 cm.) anotados, cor; 21 cm.
Trátase dun caderno no que se recolle a vida do Observatorio desde o 24-9-1926
ata o 30-8-1927.
●
Cuaderno registro de
observaciones: Comienza en 31 de agosto del año del Señor 1927. [Manuscrito]. 230 p.
Il. cor; 21 cm. Trátase dun caderno no que se recolle a vida do Observatorio
desde o 31 do 8 de1927 ata o 1 do 6 de 1929".
Boletín das Ciencias,86, 27. Pereira Fdez, Mario; Paio Cangado Xosé.
Ningún comentario:
Publicar un comentario