A Agrupación Astronómica Coruñesa Io prestounos a exposición itinerante "Contaminación Luminosa" que colocamos no primeiro andar, xunto aos manuscritos de Don Ramón Aller.
"A través de tres paneis
de gran formato a dobre cara profusamente ilustrados, a mostra explora o
impacto na saúde e no medio ambiente do abuso da luz artificial pola noite, así
como a dilapidación de enerxía e diñeiro que supón. Tamén reflexiona sobre a
perda cultural asociada á desaparición do firmamento nocturno e apunta
solucións, moi fáciles de executar, para garantir unha iluminación eficaz e
sostíbel".
Boletín das ciencias, 86, 24, Agrupación Astronómica Coruñesa Io
Ningún comentario:
Publicar un comentario