Hoxe, 18 de outubro, conmemoración do Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos con fins de explotación sexual, queremos sensibilizar
a comunidade escolar achegando datos estatísticos sobre esta terrible lacra social:
España
é o primeiro país de Europa de tránsito de mulleres vítimas de trata e o
terceiro do mundo en consumo de prostitución. Un 32,1% dos homes españois
recoñecen consumir sexo de pago e ao redor do 90% da prostitución consumida en
Galicia está controlada por mafias. Estes son algúns dos datos que reflicten a
dimensión dun negocio do que se alerta á comunidade internacional coa
celebración o 18 de outubro do Día europeo contra a trata de seres humanos,
mediante a campaña Corazón Azul, promovida pola ONU.
Para
seguir informándote preme no cartel:
E para máis información sobre esta problemática preme aquí:
A biblioteca, como non, fornece documentación sobre o problema, recomendando unha vez máis a lectura do cómic “Esclavas” de Alicia Palmer e Bosco Rey-Stolle do que podedes obter plena información na Marela BD e que por suposto a biblioteca pon a dispor da comunidade educativa. Tamén podedes descargalo libre e gratuitamente, en PDF, desde o sitio de Bosco Rey-Stolle.
Ningún comentario:
Publicar un comentario