Desde a Biblioteca queremos renderlle unha sentida homenaxe a Quino (Joaquín Salvador Lavado Tejón), quen vén de falecer en Buenos Aires aos 88 anos.
Quino é o pai dunha das personaxes máis icónicas do mundo do cómic, Mafalda, criatura que conserva a frescura cultural malia que o autor deixou de publicala en 1973, iso si, seguen a reeditarse en todo o mundo ata a actualidade as marabillosas andainas desta nena sabia e respondona á que ficou Quino ligado para sempre.
Unha recomendación, a lectura de "Feminino singular", da que podedes ver a ficha na Marela BD.
E polo que nos toca de cerca, lembramos a información aparecida no 2007 en "La Voz de Galicia" baixo o seguinte titular:
"Manolito, o amigo galego de Mafalfa, vota nas autonómicas". Para lela preme no titular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario