28 outubro, 2020

Xente de noso. Chorima Asociación Cultural

Unha vez máis énchenos de satisfacción ver xente de noso como María, Tania ou Laura participar e neste caso promover Chorima, colectivo cultural aberto "a todo o mundo que teña ganas de traballar e formar parte da reivindicación do noso patrimonio lingüístico, cultural, político e histórico"; e que tal e como declararon nos medios nace "froito da necesidade de accións e visibilidade a favor da lingua e da cultura galega en Lalín".

                          Faro de Vigo. De esquerda a dereita, María Pol, Tania Jiménez, Iago López e Lucía Galego

Animamos a toda a comunidade escolar a participar no colectivo que agardamos, sexa frutuoso.

Para saber máis sobre a asociación, actividades programadas... preme no logo:



Ningún comentario: