O traballo de HORACIO GARCÍA Promoting fluvial geomorphology to "live with rivers" in the Anthropocen Era, vén de ser recoñecido como o mellor artigo de Xeografía en revistas estranxeiras, acadando, deste xeito, o VIII Premio "Roser Majoral Moliné" da Asociación Española de Xeografía.
Tal e como nos explican en GCiencia, o traballo do profesor da USC, no ámbito da xeomorfoloxía fluvial, céntrase na mellora da ecoloxía fluvial e o deseño de políticas de restauración dos caudais fluviais.
Desde A Marela queremos facerlle chegar os nosos parabéns a Horacio, co que puidemos conversar o pasado 7 de marzo (ver enlace).
Imaxe: El Progreso |
Ningún comentario:
Publicar un comentario