Desde Bibliotecas escolares de Galicia puxéronse en marcha, xa van alá uns cantos cursos, as MOCHILAS VIAXEIRAS, unha bolsa (mochila, maleta...) que permite levar ás casas o material que atesouran as nosas bibliotecas. A idea é que sexa toda a familia a que poida gozar dos libros, revistas, álbums ou cine que temos no instituto.
Mais nalgúns centros levamos anos dándolle voltas e deixamos que sexa cada usuario o que elabore a súa propia mochila. O profesorado asesora, recomenda, ensina novidades... Pero é a persoa lectora a que finalmente escolle o lote de material que leva para os seus, e para si mesma. O único compromiso é devolver, en setembro, o material que agora leva en préstamo.
"A mochila é o soporte que permitirá aos rapaces e ás rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a formación dos lectores máis novos", din desde a Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, e nós así o esperamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario