Hoxe, 21 de xuño, tivo lugar no vestíbulo do instituto a estrea mundial da curta de animación O Bibliotecario.
A
realización da curta O Bibliotecario comezou a súa
andaina durante o curso 2019-2020, a partir dunha idea orixinal de Brais Carballude Recimil, alumno do
Bacharelato de Artes do antedito curso 2019-2020, co obxectivo do fomentar o uso da Biblioteca entre o alumnado, mais por mor da pandemia demorouse a finalización do proxecto ata este curso 2021-2022.
Para
o deseño da curta utilizouse a técnica de debuxo sobre papel e animación
dixital 2D, cunha duración de 1:42 minutos.
A realización correu a cargo do Departamento
de Debuxo do IES “Ramón M.ª Aller Ulloa” so a coordinación do profesor Francisco
Otero, contando coa colaboración da profesora María Armada e co apoio da
Biblioteca.
Con:
Francisco Otero na adaptación e o
guión técnico.
Matías López Rodríguez no deseño do personaxe
Payo, o Bibliotecario, e Patricia
González Meire no deseño das personaxes Nenas.
Carmen Donsión Rodríguez, Elías López Leite, Sara
López Rodríguez, Paula Méndez Vilas,
Malena Mato Melgarejo e Alazne Solís Vilaverde; no deseño de
decorado e na sincronización e animación de diálogos.
Nos
diálogos:
Payo,
o Bibliotecario: Xosé Payo Cangado
Nena
da dereita: Carmen Donsión Rodríguez.
Nena
da esquerda: Sara López Rodríguez.
No
son, o Banco de sons do INTEF.
Na
música, Moncho Faílde Delgado.
Desde a Marela parabéns a todas e a todos pola profesionalidade demostrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario