28 setembro, 2023
Materia, Premio Nacional de poesía 2023
29 xuño, 2023
Itinerario da Memoria Histórica de Lalín. República e Franquismo : O libro
30 maio, 2023
Roteiro polo Lalín da República e o Franquismo
Os rapaces e as rapazas de 4º da ESO están a piques de rematar os seus estudos obrigatorios, e algún e algunha deixarán o mundo académico para integrarse, de teren sorte, no laboral. As súas profesoras de Historia, Marta Otero e Alba Payo, pensaron que non debían acabar a súa formación obrigatoria sen coñeceren a historia das rúas polas que transitan, e tiveron a ben guialos pola zona urbana de Lalín para impartirlles unha clase de Historia diferente, fóra das aulas, mais na súa contorna, nos espazos que percorren día a día.
A seguir, a crónica de Alba Payo e unhas imaxes de Marta Otero:
![]() |
Na Praza de Calvo Sotelo, hoxe Praza da Torre (popularmente Praza das Pipas) |
![]() |
Na estatua de Joaquín Loriga |
![]() |
| No IES Laxeiro, antes Hospitalillo (habilitado como cárcere no Golpe de Estado e Guerra civil), logo Colexio Sagrado Corazón, Instituto Laboral e de Bacharelato Aller Ulloa |
![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| No Museo Ramón Mª Aller Ulloa |
![]() |
Nas casas baratas Leopoldo Sanmartín en Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán |
![]() |
| Detrás do Pontillón e da casa que ocupa o lugar no que estaba o Cuartelillo da Brigadilla da garda civil |
![]() |
|
Na contorna do CEIP Xesús Golmar, último alcalde republicano de Lalín e mestre represaliado
|
13 xullo, 2021
Lalín : recuperando a memoria histórica local
O preludio:
As elección municipais tiveran lugar o ano anterior, concretamente o 10 de xuño, e de resultas formouse unha corporación integrada por 20 homes e só unha muller, o que dá conta da verdadeira dimensión da cativa presenza da muller na vida política. É máis, se desbotamos a candidatura do PTG-UC, composta por xente allea ao concello de Lalín, a porcentaxe de mulleres presentes nas candidaturas municipais só acada o 13,56%.
A seguir unha pequena mostra gráfica
das candidaturas, a color e en branco e negro. A maioría das persoas candidatas xa están identificadas, e as que non, a ver se sodes quen de recoñecelas.
![]() | |||
![]() |
E os resultados:
![]() |
| https://www.datoselecciones.com/elecciones-municipales-1987 |
20 maio, 2021
Itinerario da Memoria histórica de Lalín : 2ª saída
![]() |
| Posando os de 4º B coa profesora logo da experiencia |
Tamén podedes ler a información sobre a actividade que recolleron nas súas páxinas locais Faro de Vigo e La Voz de Galicia.
19 maio, 2021
Itinerario da Memoria histórica de Lalín : 1ª saída
O alumnado de 4º da ESO C realizou a primeira das dúas saídas programadas arredor do Itinerario da memoria histórica de Lalín so a coordinación da profesora Alba Payo que lles foi explicando canda unha das etapas memorialistas. E para abrir boca aí vai un mangado de fotos da profesora e reporteira Lara Rodríguez. Tamén podedes ver a nova en DZ Dixital.
| No CEIP Xesús Golmar (último alcalde republicano e mestre represaliado) |
| Na rúa Alcalde Ferreiro (alcalde republicano fusilado) |
| Baixando pola que foi Calle José Antonio |
| Na parte lateral da Igrexa onde estaba a Placa homenaxe aos "Caídos por Dios y por España" |
![]() |
| Na rúa Luis González Taboada (último alcalde franquista) |
| Ante o Hospitalillo (hoxe IES Laxeiro), habilitado como cárcere durante o Golpe de Estada e GC |
![]() |
| Na rúa E. Vidal Abascal (presidente que foi do PG entre 1935-1936 |
![]() |
| Diante da que foi Casa da República na Avda. Buenos Aires |
| Nas Casas baratas Leopoldo Sanmartín en Rosalía de Castro e Pardo Bazán
|
Na que foi rúa General Franco, diante da casa onde estaba a placa de mármore alusiva |
![]() |
| Na antano Praza de Calvo Sotelo, hoxe Praza da Torre (popularmente Praza das Pipas) |
| No Monumento a J. Loriga que acollía unha alegoría da República |
![]() |
| Nas Casas baratas do Barrio de Abaixo |
![]() |
| Diante da antiga Casa do Concello, hoxe Biblioteca Municipal BVJ |
| Nas proximidades do antigo Cuartelillo da garda civil no Pontillón |
| Diante do Museo Ramón MªAller Ulloa, o da famosa foto do SEG |
![]() |
| Posando no centro o grupo de 4º ESO C ao regreso |
E mañá máis.
13 maio, 2021
Itinerario da Memoria histórica de Lalín
A seguir o rueiro memorialista:
E ao abeiro do Itinerario memorialista lembramos a activade O home do saco desenvolvida a raíz da lectura de Erros e tánatos de Gonzalo Navaza, que nos mostra “Unha viaxe por Lalín a través do tempo”








































