19 maio, 2021

Itinerario da Memoria histórica de Lalín : 1ª saída

O alumnado de 4º da ESO C realizou a primeira das dúas saídas programadas arredor do Itinerario da memoria histórica de Lalín so a coordinación da profesora Alba Payo que lles foi explicando canda unha das etapas memorialistas. E para abrir boca aí vai un mangado de fotos da profesora e reporteira Lara Rodríguez. Tamén podedes ver a nova en DZ Dixital.

No CEIP Xesús Golmar (último alcalde republicano e mestre represaliado)

Na rúa Alcalde Ferreiro (alcalde republicano fusilado)

Baixando pola que foi Calle José Antonio

Na parte lateral da Igrexa onde estaba a Placa homenaxe aos "Caídos por Dios y por España"
Na rúa Luis González Taboada (último alcalde franquista)

Ante o Hospitalillo (hoxe IES Laxeiro), habilitado como cárcere durante o Golpe de Estada e GC
Na rúa E. Vidal Abascal (presidente que foi do PG entre 1935-1936

Diante da que foi Casa da República na Avda. Buenos Aires

Nas Casas baratas Leopoldo Sanmartín en Rosalía de Castro e Pardo Bazán

Na que foi rúa General Franco, diante da casa onde estaba a placa de mármore alusiva


Na antano Praza de Calvo Sotelo, hoxe Praza da Torre (popularmente Praza das Pipas)

No Monumento a J. Loriga que acollía unha alegoría da República

Nas Casas baratas do Barrio de Abaixo

Diante da antiga Casa do Concello, hoxe Biblioteca Municipal BVJ

Nas proximidades do antigo Cuartelillo da garda civil no Pontillón

Diante do Museo Ramón MªAller Ulloa, o da famosa foto do SEG

Posando no centro o grupo de 4º ESO C ao regreso

E mañá máis.



Ningún comentario: