Pola mañá o alumnado de 4º da ESO B fixo o programado percorrido polo
Itinerario da memoria histórica de Lalín da man da profesora Alba Payo. E ao igual
que a saída anterior, o alumnado foi coñecendo cada detalle histórico das diferentes
etapas do itinerario, comentando algunhas lembranzas de feitos recentes
relacionados coa memoria histórica lalinense.
A seguir a reportaxe fotográfica da actividade. As fotos son da profesora reporteira Marta Otero. Unha proposta, trata de situar cada foto no espazo memorialista concreto:
Posando os de 4º B coa profesora logo da experiencia |
Tamén podedes ler a información sobre a actividade que recolleron nas súas páxinas locais Faro de Vigo e La Voz de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario