Con motivo do Día da ciencia en galego encontrarémonos co matemático Cibrán Arxibai.
Será o xoves 5, na biblioteca.
Autor do blogue Carta xeométrica, Cibrán é unha das voces máis informada e activa da resistencia en favor do uso da lingua galega nas materias tecno-científicas.
Ao tempo, o seu traballo como observador e analista da nosa realidade sociolingüística resulta imprescindíbel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario