Catro visións.
Recollemos catro fragmentos das impresións que o alumnado de 1º ESO recibiu do seu encontro coa autora viguesa.I
por Lucía Maceira López.
[... ...] Foi esta a oprtunidade dos lectores para preguntarlle as súas dúbidas. Cada alumno puido presentar as súas curiosidades, que foron respondidas pola escritora a tempo completo, Ledicia Costas. Anécdotas do seu pasado, como as aloucadas invencións do seu avó, os percances con felinos na lavadora ou a súa afección de pequena polos dinosauros, foi o que deu lugar a carismáticas personaxes da obra. Pero, por que escribir unha historia sobre mortos para nenos? /.../ Normalmente cóntanse mentiras aos rapaces sobre a morte dun ser querido, posto que os adultos non son capaces de crer que os cativos poden encaixar a morte. Son ese eenganos os que finalmente son duros. É por iso polo que a autora decidiu dedicar a súa novela aos defuntos.Á hora de poñer nome aos personaxes optou polo da enfermidade da que faleceron. Detalles coma eses son os que lle deron fraza á nova invención.
Tamén falou do ilustrador, Victor Rivas, que fixo uns animados e dovertidos debuxos que lle deron en todo momento vida a un conto que nos fixo rir e reflexionar /.../. Se te fixabas podías atopar pequenas falcatruadas.
A conferencia finalizou coa sinatura de libros e un forte aplauso que pechou o acto.
II
por Clara Arias Fernández.
Pasamos un agradable momento coa autora de Escarlatina, a cociñeira defunta, un libro que aborda a morte e a achega cun gran sorriso e con humor. Contounos de onde viñan as súas ideas ao escribir o libro e empezou a contarnos que collera parte delas da súa propia vida; xa que, como a Román (o protagonista), a ela encantáballe cociñar, pero era un desastre para iso. Tamén dixo que o avó de Román era moi parecido ao seu, xa que aos dous lles encantaban os coches e, sobre todo, incumprir as regras. Cada día, o avó de Leticia sorprendía a toda a familia, cun novo invento.os rapace do instituto quedamos moi agradecidos pola visita de Leticia e esta asinounos o libro.
III
por María Abeledo Miguélez.
Leticia Costas /.../ tocou varios temas interesantes, entre eles o dunha "precuela" que escribiu, chamada Esmeraldina, a pequena defunta. Ademais contounos varias anécdotas divertidas sobre o seu avó inventor, que viviu un montón de aventuras con ela.Na rolda de preguntas, constestou a todas con calma e paciencia, aínda que algunhas eran repetidas e xa aparecían [respondidas] no libro. Aclarou algunhas dúbidas sobre o libro e falounos un pouco dela; que lle gustaba facer no seu tempo libre, que a levou a escribir Escarlatina. Resulta que ela quería escribir dous libros nun, pois cando era pequena adoraba a cociña, mais confesounos que era un pouco como Román; poñíalle moito empeño, pero dábaselle bastante mal. Ademais, de pequena, fascinábana os mortos en xeral. Xuntando estes dous conceptos naceu Escarlatina.
/.../
Foi moi atenta. A verdade foi un pracar coñecela.
IV
por Álvaro Simón Porral.
Ledicia Costas /.../ é unha persoa chea de historias que a inspiraron para escribir o libro.O protagonista delas era o seu avó, un señor un pouco peculiar, cunha obesesión: o seu coche.
Pero na obra tamén inflúe moito a cociña, o libro mostra un montón de receitas. Ela contounos que lle gustaba moito os fogóns, pero non cociñar, senón comer, xa que [cociñar] non se lle daba ben.
Despois comezamos coas preguntas, á que ela respondeu atentamente. Contounos motas historias sobre seu avó, as súas aventuras co coche, os seus inventos "matagatos", cámaras de visilancia, etc.
A visita terminou coa sinatura de libros que nós tiñamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario