Carteis conmemorativos do 50º aniversario de D. Ramón Aller
O xurado do concurso convocado polo instituto para conmemorar o 50º aniversario do pasamento de D. Ramón Aller, integrado por Dona Cecilia Doporto, Don Damián Paío e Don Armindo Salqueiro, declarou o seguinte resultado:
1º premio: Daniel Villanueva Barros.
"O cartel reflicte o horario das observacións, chama a atención polo xogo de
cores e dá sentido de profundidade e espazo infinito..."
1º Accésit: Andrea Fernández Ramos.
"O traballo mostra unha gran limpeza de execución e unha notable eficacia comunicativa, integrando o perfil do homenaxeado nunha recreación do sistema solar"
2º Accésit: Iván Gordedo Sánchez
"Estamos ante unha recración e actualización dun motivo clásico da pintura: a alegoría da astronomía. Neste caso, o torso feminino acolle dous obxectos: o sol e a lúa? dúas estrelas dobres?"
3º Accésit: Marta Calviño Sixto
"É máis que apreciable o uso das novas tecnoloxías pare desenvolver, dentro dunha estética naif, un motivo ligado ás vellas cosmogonías: a conversión de Don Ramón nunha constelación".
Ningún comentario:
Publicar un comentario