Nove impresións
I
No
acto todos os alumnos estivemos moi atentos e ninguén molestou nin falou doutro
tema durante toda a sesión. Limos un capítulo moi divertido no cal participamos
moi animados todos. Facíanos graza a voz que poñía Inacio cada vez que lle
tocaba ler un bocadillo do cómic, facíao moi ben. Logo tamén limos outro
capítulo pero doutro (Titoán), que
nos gustou máis que o de Atila.
Puxémonos
no papel dun dobrador de voz por un día, actividade divertida e educativa.
Ademais, aprendemos un pouco da vida política de Castelao e entendemos mellor o
cómic. (Lucía Abeledo Fernández )
II
Comprendemos
a Inacio perfectamente xa que usou unha linguaxe moi coloquial. Todos os
presentes xunto con el fomos lendo algún fragmento do libro Atila e con isto a verdade é que nos
divertimos.
O
que máis nos chamou a atención de Inacio foi que este fora tan novo, antes de
velo imaxinabámolo un escritor algo vellote. (Gabriel Fernández Pájaro)
III
O
día pillounos a todos por sorpresa. Baixamos á biblioteca a escoitar as
andainas de Castelao na voz de Inacio. En primeiro lugar contounos dun xeito
rápido a vida de Castelao... Ao rematar de contarnos isto, todos tivemos a
oportunidade de poder ler o cómic Atila
coa axuda do seu narrador. Ao terminar de ler o libro Atila, paseniñamente, Inacio convidounos a ler outro libro desa
mesma colección, Titoán. (Alberto Taboada Vilar)
IV
O
encontro durou aproximadamente unha hora. Nel Inacio explicou como recollera
datos históricos para a elaboración de Atila.
Posteriormente proxectou algunhas viñetas desta banda deseñada que lemos,
ademais dalgunhas doutro libro da mesma colección, Titoán. Este encontro serviunos tamén para saber como se elaborou
un libro, neste caso, unha banda deseñada. (Carlos
Santorum Varela)
V
Foi unha charla amena, pero non recibimos
demasiada información.
A
visita resultou ser amena, pois Inacio Vilariño decidiu narrar unha parte de
dous dos seus cómics coa axuda do alumnado alí presente. E aínda que algúns dos
alumnos ao principio tiñan vergonza por imitar as voces dos personaxes, ao
final a sesión foi divertida. Moi diferente ás charlas que dan normalmente os
escritores durante as súas visitas que se acaban facendo longas e aburridas. (Antía Rodríguez Fernández)
VI
Inacio
explicounos o porqué de facer unha colección sobre a vida de Castelao. Logo que
viña coa idea de facer a visita un pouco máis amena, na que interactuásemos
nós, co fin de que non se nos fixera tan aburrida. E do noso punto logrouno, xa
que nos fixo a todos interpretar o papel de diferentes personaxes do cómic, e
isto fixo que botásemos unhas risas de cando en vez. Sobre todo logrou que
estivésemos máis atentos e entretidos, o que fixo que a hora se pasara máis
rápido. En fin, é unha maneira innovadora de dar unha charla sobre un libro ou
calquera outro tema. (Andrea Otero
Montoto)
VII
Na
charla realizamos un xogo que consistía en que Inacio era o narrador da banda
deseñada e tamén representaba a voz de Castelao, ademais cada un de nós tiñamos
que representar as voces doutros personaxes do libro.
O
encontro resultou divertido xa que foi moi diferente aos demais porque non foi
a típica charla aburrida na que te sobrecargan de información innecesaria.
penso que a fixo así debido a que non a traía moi preparada. de todas formas
estivo ben, xa que non se volveu pesada. (Tania
Conde Facorro)
VIII
Foi
un encontro agradable e entretido. Comezou contándonos a vida de Castelao e os
feitos curiosos que foi atopando ao longo da súa investigación para a
adaptación da mesma e tamén nos aclarou algunhas referencias cultas do cómic. (Noa García González)
IX
Como
quería conseguir que o encontro fose interactivo, Inacio decidiu involucrarnos
nas historias como se fósemos cada un un personaxe distinto, facendo el de
Castelao. Inacio narrou moi ben a historia, notábase moito que sabía
perfectamente como entoar en cada momento. O encontro foise animando cada vez
máis e Inacio, mentres narraba a historia, contábanos curiosidades sobre a vida
de Castelao, e a verdade é que se notaba que estaba moi ben informado para
facer a banda deseñada. (Simón Peña
Fernández)
Ningún comentario:
Publicar un comentario