PARABÉNS!
PARABÉNS! PARA…
...dúas alumnas de 1º de BAC do noso centro que acaban de nos dar unha excelente noticia.
Por un lado, Emma Cepeda Mouriño mereceu o Primeiro premio no Concurso Mellor
Xornalista Xuvenil 2016 do Programa Prensa-Escola e por outro, Adela Otero Vázquez conseguiu o segundo premio no II
Concurso de Fotografía “Galicia, auga e literatura ” do Programa Prensa-Escola – Viaqua 2015/2016
Emma viaxará a
Londres unha fin de semana e poderá levar a tres persoas con
ela.
Adela recibirá unha cámara dixital.
Que o noso alumnado nos dea alegrías destas axuda moito.
Parabéns e graciñas, mozas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario