O XXXI congreso de ENCIGA animounos a compartir algunhas das actividades e exposicións que fomos confeccionando desde que puxemos a andar o Toc-toc. Irémolas lembrando estes días, acompañadas do texto publicado no programa do Congreso.
Polo demais, o noso agradecemento a todos os participantes, relatores e conferenciantes, á dirección de ENCIGA e a Paulino, o seu presidente. Para as compañeiras que toman o relevo: moitos ánimos.
" A Axencia Espacial Europea, a través de ESA Education, ofrece numerosos recursos e diversas actividades de formación para profesorado de primaria e de secundaria, cos que pretende achegar a astronomía e a investigación espacial ás aulas.
Tras
participar no ESA Summer Teachers
Workshop de 2015 xurdiu a idea – xa compartida no XXVIII congreso ENCIGA
celebrado en Sarria - de realizar este proxecto
co alumnado da materia de Cultura Científica de 1º de bacharelato no curso
2015/2016 no marco das actividades do 50
cabodano de don Ramón Aller.
Nesta exposición
resúmense os dous traballos realizados: modelo dun sistema binario e demostración experimental da segunda lei de Kepler. Ambos os proxectos consistiron nunha pequena demostración experimental que
serviu de pretexto para realizar unha indagación na Internet e en bibliografía
especializada, así como para elaborar vídeos con Camtasia Studio e pósters en formato dixital co software Open Office Draw. Incidiuse na
importancia de citar as fontes empregadas así como a autoría das imaxes.
Empregáronse
aproximadamente dez sesións de clase, dúas para o traballo experimental e oito
para a busca de información e elaboración de materiais. Dado que as sesións se
impartiron no laboratorio e na aula de informática, a avaliación do proxecto,
que resultou moi satisfactoria, puido realizarse ao longo de todo proceso".
Boletín das Ciencias,86, 23. Reboiro López, Ana
Ningún comentario:
Publicar un comentario