24 outubro, 2018
R. 24.000
Xa comentamos por aquí que Carlos foi dos que asistiu ao parto d'A Marela Tarabela. Despois desa, seguiunos acudindo sempre que o solicitamos.
Cada publicación súa é para nós un motivo de alegría, cada premio, de festa rachada.
17 outubro, 2018
Un chisco de cor
Por fin abriron as misteriosas caixas que chegaron o curso pasado. Eran caixas de cor, moitas cores para sentar a ler, botar un conto ou simplemente mirar para os biosbardos.
(continuará...)
(continuará...)
10 outubro, 2018
Fontán e Cunqueiro. "Alí estaba a miña terra"
![]() |
| Fonte: Wikipedia. |
Neste ano dedicado a Domingo Fontán, debemos lembrar a transcendencia económica, social e científica que supuxo a súa Carta geométrica de Galicia, pero tamén a repercusión que tivo, a nivel individual, nas conciencias de moitas persoas para identificar(se con) Galicia.
Neste sentido, o recoñecemento que fai Cunqueiro ao mapa de Fontán exprésase dun xeito especialmente fermoso:
«Bueno, la cosa fue que un día, en los pasillos del Instituto de Lugo, /.../ me encontré con el mapa de Galicia de don Domingo Fontán. Fue mi gran encuentro con mi país gallego: allí estaba mi tierra, la tierra de mi vocación y de mis días, la tierra temporal y la eterna, la tierra que mi lengua —la tierra de mi oscuro acento labriego— necesitaba para soñar. Allí me detuve a contemplar las comarcas conocidas, el camino de Mondoñedo a Riotorto, de Mondoñedo a Foz, de Riotorto a Baltar y Meira, el curso del Masma, el del Miño, el áspero Listral de esquisto y soledad, el Valadouro; el Cadramón, el más alto monte entre mis vecinos, y allí estaba en sus mil metros sobrados, un Everest inaccesible, cuando desde Lindín se lo veía asomar negro, desnudo, asistiendo impasible el paso de las grandes y preñadas nubes del sudoeste, que aquí dicen vendaval, el “ventus validus”, el poderoso.» «Un mapa de Galicia», El Progreso (2 de junio de 1957), en O reino da chuvia, pp. 59-60. [Referencia, fonte]
Por outra banda no esquezamos as recomendacións que nos fai o Toc-toc, para descargarmos:
- A unidade didáctica ofrecida polo Consello da Cultura Galega.
- A revista Ciencia en Galicia, que lle dedica varios artigos e podes descargar en PDF ou visitar na súa versión web.
- A Carta... dixitalizada pola BNE.
07 setembro, 2018
30 agosto, 2018
XXXI congreso de ENCIGA
Tocounos a responsabilidade e a honra de acoller o XXXI congreso de ENCIGA.
O cartel, elaborado polo noso compañeiro Sebas Anxo, é unha boa presentación.
O fondo do cartel son páxinas pertencentes aos manuscritos de Don Ramón Aller, doados ao instituto por Vitorino Gutiérrez.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








