Denís Iglesias Montes e Adrián Llinares Juiz, alumnos de 2º de Bacharelato do noso IES, metéronse na final autonómica da Olimpíada de Bioloxía. Dos 169 participantes da primeira fase (celebrada online) só 30 pasaron á final, e aí estaban Adrián e Denís.
Na segunda fase, celebrada o venres na Universidade da Coruña, Denís fíxose co terceiro posto, e representará a comunidade galega na fase nacional.
Parabéns para os dous.
Ningún comentario:
Publicar un comentario